Aberto o prazo para o novo cursiño para ser colexiado/a na Costa da Morte

curso arbitros futbol da Costa
Aberto o prazo para o novo cursiño para ser colexiado/a na Costa da Morte

Segue medrando o colectivo de árbitros da Costa da Morte. Xa son 68 (8 rapazas) entre eles moitos menores que aseguran o camiño arbitral costeiro. Un camiño que seguirá aumentando pois o venres 12 de setembro, ás 19:00 h, comeza o novo cursiño para ser colexiado/a na Costa da Morte. Se tes entre 14 e 30 anos, podes preinscribirte a través da ligazón de Futgal e, por só 40 €, formarte para ser árbitro/a.

O curso terá unha duración de 3 meses, con clases dunha hora todos os venres ás 19:00 h, no Centro Sociocultural de Baio.

Xa podes rexistrarse neste formulario online.

Máis novas

 

Comentarios