Martes. 19.03.2024
El tiempo

Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán

Alberto Rodriguez adestrador do Sofan e Angel Lopez do Fisterra
Alberto Rodríguez, adestrador do Sofán, e Ángel López, do Fisterra
Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán

Este domingo, Ara Solis acolle un dos derbis de máis calidade dos que se poden ver na Costa. O Fisterra, xa facendo historia co seu paso pola Preferente, recibe a un Sofán que a pesar da súa “mocidade”, en canto a historia recente (apenas hai 6 anos aínda estaba na 2ª Galicia), xa é un habituado á categoría.

Queremos falar cos seus adestradores, Ángel López, e Alberto Rodríguez, que loubas as súas afeccións e xa avisan que vai ser un derbi espectacular tanto nas bancadas, como no campo..

Ángel Canosa, míster do Fisterra

ADESTRADOR ÁNGEL LÓPEZ CA copia 2

  • QPC: Como afrontas o derbi contra o Sofán? Que esperades? Cales cres que poden claves e que nomes propios cres que poden aparecer para decantar o choque?

Todos os derbis son complicados, normalmente con moita tensión e pouco xogo. Para nós chega nun bo momento, a pesar da baixa de Capelo e Jesús, e Adrián Makaay e Taboada están algo tocados, pero temos plantilla para remediar estos contratempos.
Os duelos individuales, nas áreas e no medio campo van decantar o resultado. O balón parado, nos campos pequenos é determinante.

  • QPC: Que destacas do Sofán?

O Sofán é un equipo ben traballado, un bo bloque, con bos xogadores e que pode ganarlle a calquera, No seu campo é moi forte, fóra cóstalle un pouco máis.
O noso campo é similar ao deles en dimensións, e non vai ser un problema para ningún.

  • QPC: O Fisterra está sorprendendo a todos. E a ti, sorpréndeche a vosa situación?

O equipo sorprende por ser novo na categoria, pero é un equipo con unha base moi solida do ano pasado, con xogadores de gran categoría da casa, como Makaay, Iván, Aarón, Breixo, Andrés, Julio, Roa, etc. retocado moi ben, polo bo facer de Tolo nos fichajes (Julián, Herbert, Vigo, Capelo, Taboada…). Sabíamos o que nos faltaba no equipo para mellorar, e el conseguiu traer xente de calidade e comprometida co equipo.

  • QPC: Cales son os motivos, as claves de estar aí arriba?

Estar arriba é froito do traballo de todos, directiva, xogadores e técnicos e sobre todo da afección que nos dá un plus moi importante o grupo.

  • QPC: E cales son os obxectivos reais do equipo?

O noso objectivo era permanecer na categoría, pero xa postos deixámonos levar polo momento actual, e seguiremos pelexando por estar o máis arriba posible. Soñar é gratis. Faltan muitos partidos, e falta todo o inverno, si temos sorte cas lesións, e si seguimos traballando todos xuntos, podemos soñar, porque levamos 10 xornadas e o equipo dá a talla contra calquera.

  • QPC: Como inflúe o pobo e os Rapacollóns na traxectoria do equipo e viceversa?

O pueblo está coma nós, soñando, quizais demasiado a estas alturas da temporada. Temos que ter os pés no chan, sen voar moi alto.

 

Alberto Rodriguez, adestrador do Sofán

Alberto Rodriguez mister do Sofan

  • QPC: Como afrontades o derbi co Fisterra? Que esperades? Cales cres que poden claves e que nomes propios cres que poden aparecer para decantar o choque?

No emocional, afrontámolo como un partido moi apetecible non só polo feito de ser derbi, se non porque a nosa afección ao igual que a do Fisterra é numerosa e seguro que nos apoiará o domingo, facendo que se viva unha festa do fútbol costeiro.
A partir de aí, afrontámolo coas gañas de calquer outra semana no que a preparación de traballo se refire, nun campo complicado e contra un rival que invertiu moito en fichaxes para pelear por estar moi arriba na clasificación como así o corroboran nestes intres. Están invictos na casa e tentaremos de arrebatarlles esa condición. No referente aos nomes, isto é un deporte de equipo e son dos adestradores que pensa que o colectivo gaña as individualidades.

  • QPC: Que destacas do Fisterra?

Como che dicía anteriormente, foi dos equipos que máis se reforzou, con xogadores procedentes da 3ª e algúns deles con experiencia na 2ªB. Iso fala xa da gran inversión que fixeron, tendo xogadores cun caudal ofensivo importante e que poden decantar un partido en calquera momento.

  • QPC: Como está a ser a tua primeira experiencia como adestrador en Sofán?

Está sendo moi enriquecedor, de mellora e aprendizaxe diario. Son unha persoa moi esixente comigo mesmo e cos demais, e sempre coido que todo se pode facer mellor, sexa no nivel e no ámbito que sexa. Esa é a máxima ca que tentamos traballar no día a día con maior ou menor éxito, pero coa ilusión, o esforzo e a capacidade de traballo por bandeira.

  • QPC: Xa estiveras como xogador na SD. Que Sofan te atopaches agora como míster?

Atopeime un clube mellorado, que partía xa como un club distinto no trato co xogador. Os ascensos de categoría (coas persoas que corresponden en cada momento e farían unha lista de nomes interminable), unha directiva que deixa traballar con total liberdade no apartado deportivo, a reforma do campo e a aposta polo fútbol base, xunto coa numerosa e inseparable afección fan que sexa un clube con peso dentro da súa área xeográfica.

Alberto Rodriguez con Angel Cuellar

  • QPC: Tes experiencia como axudante de Ángel Cuéllar en 2B e nas sensións da AFE. Que similitudes e que diferencias atopas en comparación coa tua nova situación?

As diferencias obviamente son moitas. Estes últimos anos con Ángel foron moi positivos e de moita aprendizaxe para min, tanto a nivel deportivo como a nivel humano. Tiven a sorte de traballar man a man cunha persoa que foi internacional e xogou en grandísimos clubes coma o Betis ou o Barcelona. Pero o que aprendin foi que a grandeza non está en eses logros, que por suposto tamén, se non na normalidade do trato diario ata convertirse en unha persoa moi importante para min e un referente.

En canto as diferencias loxicamente son moitas e moi numerosas. Os recursos e a dedicación son maiores, como moito maior e tamén a esixencia. No caso do Jumilla a viabilidade do proxecto pasaba pola salvación, que a conseguimos na última xornada (como despois se viu coa sua desaparición o ano seguinte tralo descenso de categoría).
En canto as sesións AFE foi unha experiencia moi gratificante para min, sobre todo pola calidade humana das persoas que alí coñecín e coas que traballamos. O que tentamos agora é traer a metodoloxía de traballo e os coñecementos adquiridos en todas esas experiencias e adaptalas ao noso contexto na Sd Sofán. A eso hai que sumarlle que ata agora non fora primeiro adestrador máis que no fútbol base, e eso conleva novas responsabilidades que asumo con moitas gañas de mellorar e de que os demais melloren.

  • QPC: Que seña de identidade ten este novo Sofán de Alberto?

Penso que un adestrador ten que coñecer as potencialidades dos seus xogadores no seu contexto, e partir de aí para facer que a nivel colectivo esas potencialidades brillen e as interaccións entre eles nos dén fortalezas como equipo. Por iso recollemos a idiosincrasia que ten o equipo e os xogadores como equipo competitivo, que ten un ritmo de partido alto e que trata de poñerllo dificil a cada rival, tentando no día a día e mellorar esos aspectos que nos fagan mellores con e sen balón, ao igual que nas transición, momentos do xogo cruciais en calquera categoría.

  • QPC: Como ves a Preferente? Quen vai estar arriba?

Vexo a categoría moi igualada, con clubs, adestradores e xogadores de nivel e campos que condicionan tamén os plantexamentos. Coido que un equipo que vaia a estar arriba necesita unha capacidade de adaptación alta cada semana, ser camaleónico para conseguir ter rendemento alto nos diferentes contextos de partido que ofrece a Preferente.

 

Comentarios