Alejo, César e Lucía Canosa, @s pichichis que recibirán un Balón de Buño na Gala do Fútbol da Costa-QPC
Queda menos para a gran cita do Fútbol costeiro, que terá lugar o vindeiro venres 1 de xullo en Malpica, con 40 premios en xogo. Xa sabemos que o premio do Árbitro do Ano levará o nome de Lucas Vicente Vidal.
Quixemos esperar a esta semana para dar conta dos Pichichis, pois estabamos pendentes do remate da competición de Preferente e da Fase de Ascenso da 1ª División Feminina. Unha vez rematadas puxémonos a facer contas, e hoxe traemos os pichichis e mañá faremos o propio cos premios zamoras, os premios Álex Pombo da Costa. 6 escollidos que terán a sorte de poder levar un dos prezados balóns de Buño para o seu salón.
Este ano, ao termos tantos premios, decidimos unificar categorías, de xeito que hai un trofeo para o Pichichi da Preferente e 1ª; outro para 2ª e 3ª Galicia; e outro para as dúas categorías do FUTFEM.
Pichichis de Preferente e 1ª
Non houbo que facer moitos números. Alejo volve arrasar na lista de máximos goleadores costeiros de Preferente e 1ª.
A táboa deixa grandes nomes:
PREF e 1ª | Goles | Partidos |
Alejo | 21 | 20 |
Pesco | 13 | 25 |
MC | 11 | 16 |
Darío Capelo (Dumbría) | 11 | 24 |
Victor Casais | 10 | 22 |
Kevin (Mazaricos) | 10 | 23 |
Javi Souto (Soneira) | 9 | 21 |
Capelo (Fisterra) | 7 | 17 |
2ª e 3ª Galicia
Máis igualada quedou a cousa entre a 2ª e 3ª da Costa. Tanto, que un dos grandes nomes da temporada, a gran revelación, o cabanés Manuel vai quedar sen balón de Buño. O punta quedou máximo goleador da Liga da Costa, pero o corcubionés César Lojo meteu 3 tantos máis nesta campaña, tendo, iso si, 3 partidos máis xogadores. O podio o completa o xalleiro Sergio Barbeira, que terá que ser fixo o vindeiro ano no primeiro equipo.
A lista de nomes que completa a táboa daba para un bo 11 de gala.
2ª e 3ª Galicia | Goles | Partidos |
Cesar (Corcubión) | 27 | 23 |
Manuel (Cabana) | 24 | 20 |
Sergio Barbeira (Xa) | 23 | 23 |
Fran Moreira (Muxía) | 19 | 21 |
Alan (Porteño) | 19 | 22 |
Xian (Monte Louro) | 18 | 22 |
Juni (Seaia) | 18 | 20 |
Carrabete (Laxe) | 17 | 22 |
Djibril (Camariñas) | 15 | 14 |
Noli (Castriz) | 12 | 17 |
Josiño (Nantón) | 12 | 22 |
Pablo Rama (Est.) | 12 | 20 |
Iago Lema (Corc.) | 12 | 25 |
Raul Leston (Esteirana) | 11 | 19 |
Eloy (Cerqueda) | 11 | 16 |
Futfem
Ata o último día non se decidiu o premio da Pichichi do FUTFEM costeira, porque Cruz estaba na pelexa. A xogadora do Bergantiños marcou na última xornada pero quedou a un gol da ceense Lucía Canosa. Paula Veiga completa o podio, pero Naroa e Gabi quedaron moi preto.
FUTFEM | Goles | Partidos |
Lucía Canosa (Cee) | 16 | 18 |
Cruz (Bergan) | 15 | 22 |
Paula Veiga (Cerqueda) | 14 | 20 |
Naroa (Cerqueda) | 13 | 21 |
Gabi (Cerqueda) | 12 | 13 |
Repaso das Galas
- 2022: O Premio do Árbitro do Ano da Gala do Fútbol da Costa QPC levará o nome de Lucas Vicente Vidal.
- 2022: Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.
- Gala 2019: O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.