O Premio do Árbitro do Ano da Gala do Fútbol da Costa QPC levará o nome de Lucas Vicente Vidal
Xa anunciamos a volta das Galas do Fútbol da Costa - QPC. A 7ª edición do evento, tras dos anos de parón, terá lugar en Malpica o vindeiro venres 1 de xullo, gracias á colaboración municipal. E entre os 40 premios (este ano a irrupción do #FUTFEM obriga a aumentar a cantidade de galardóns), dous serán decididos polo Subcomité de Árbitros da Costa da RFGF.
Coma sempre, os colexiados costeiros, un dos colectivos protexidos por QPC, elixirán ao Delegado do Ano. Pero tamén escollerán ao Árbitro do Ano. Un premio que este ano levará o nome de Lucas Vicente Vidal, o novo cormelán que falecía en accidente de tráfico o pasado mes de decembro.
O premio, que conta cola colaboración habitual de Saunier Duval e Atrio, servirá para lembralo e para lembrar a gran resposta que tivo o fútbol costeiro co suceso.
Non faltarán na gala as homenaxes obrigadas a Abdoulaye, o rapaz senegalés que nos deixaba no campo de Arliña no medio dun partido; e a Álex Pombo, o eterno porteiro cabanés.
Novas relacionadas
Repaso das Galas
- 2022: Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.
- Gala 2019: O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.