Alejo, César e Lucía Canosa, @s pichichis que recibirán un Balón de Buño na Gala do Fútbol da Costa-QPC

Queda menos para a gran cita do Fútbol costeiro, que terá lugar o vindeiro venres 1 de xullo en Malpica, con 40 premios en xogo. Xa sabemos que o premio do Árbitro do Ano levará o nome de Lucas Vicente Vidal.
Quixemos esperar a esta semana para dar conta dos Pichichis, pois estabamos pendentes do remate da competición de Preferente e da Fase de Ascenso da 1ª División Feminina. Unha vez rematadas puxémonos a facer contas, e hoxe traemos os pichichis e mañá faremos o propio cos premios zamoras, os premios Álex Pombo da Costa. 6 escollidos que terán a sorte de poder levar un dos prezados balóns de Buño para o seu salón.
Este ano, ao termos tantos premios, decidimos unificar categorías, de xeito que hai un trofeo para o Pichichi da Preferente e 1ª; outro para 2ª e 3ª Galicia; e outro para as dúas categorías do FUTFEM.
Pichichis de Preferente e 1ª

Non houbo que facer moitos números. Alejo volve arrasar na lista de máximos goleadores costeiros de Preferente e 1ª.
A táboa deixa grandes nomes:
2ª e 3ª Galicia

Máis igualada quedou a cousa entre a 2ª e 3ª da Costa. Tanto, que un dos grandes nomes da temporada, a gran revelación, o cabanés Manuel vai quedar sen balón de Buño. O punta quedou máximo goleador da Liga da Costa, pero o corcubionés César Lojo meteu 3 tantos máis nesta campaña, tendo, iso si, 3 partidos máis xogadores. O podio o completa o xalleiro Sergio Barbeira, que terá que ser fixo o vindeiro ano no primeiro equipo.
A lista de nomes que completa a táboa daba para un bo 11 de gala.
Futfem
Ata o último día non se decidiu o premio da Pichichi do FUTFEM costeira, porque Cruz estaba na pelexa. A xogadora do Bergantiños marcou na última xornada pero quedou a un gol da ceense Lucía Canosa. Paula Veiga completa o podio, pero Naroa e Gabi quedaron moi preto.
Repaso das Galas
- 2022: O Premio do Árbitro do Ano da Gala do Fútbol da Costa QPC levará o nome de Lucas Vicente Vidal.
- 2022: Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.
- Gala 2019: O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.