Apoios ao colectivo arbitral na xornada do Fútbol da Costa

Nova xornada do Fútbol da Costa, desta volta marcada pola folga arbitral en apoio a Vítor Recarei. Houbo mostras de apoio tanto nas redes sociais como en varios campos de partidos de base onde non se xogou o primeiro minuto de xogo.
En calquera caso, os colexiados aseguran que queren sentarse a "negociar" a reincorporación de Vítor coa Federación.

A xornada deixou un importante empate do Fisterra, que por primeira vez no curso conseguiu remontar un resultado adverso e acabou sacando un punto.
Na 1ª, o Xallas puido coa Esteirana no derbi. Ademais, necesaria vitoria do Mazaricos ante o pechacancelas, e do Soneira, pero derrotas de Baio e Dumbría.
Na Liga da Costa, terceira derrota do líder, o San Lorenzo, no Cairo. Achégase así a 6 puntos o propio Corme e o Muxía.
Na 3ª, o Porteño non pasaba do empate, pero o Baíñas non o aproveitou. Si o fixo o Buño mentres o Camelle deu un gran paso para estar na promo.