Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As Miúd@s competirán na 2ª División Autonómica de F11

As Miúd@s competirán na 2ª División Autonómica de F11
As Miudas novo equipo de Futbol 11 Feminino de Muros As Miud@s, oficialmente xa é o novo equipo de Futbol 11 Feminino de Muros

En apenas un mes, o soño dun par de insesatos é unha realidade a todos os efectos. O equipo d@s Miúd@s competirá esta temporada representando á Costa da Morte na 2ª División Autonómica Galega de Fútbol 11 Feminino. Aí é nada.

A día de hoxe xa son 15 as xogadoras comprometidas ao 100%, e faltan varias por confirmar para completar un plantel necesario para competir con equupos como o Xuventú Aguiño, o Villestro, o Valdeorras, Touro, Santiso, Atlético Arousana B, Unión, Armenteira, Estrada, Abella, Antas, Puentearnelas, Cambados, Victoria C e Carreira. Vai ser un ano de longas viaxes.

Por agora, Fran Figueroa conta coas Antía, Lola, Estefanía, Julia, Martina, Antía King, Marta Verán, Gala, Martinha, Sara Romero, Sara Cubelo, Laura, Lucía, Natalia, Yaiza, Iria, Melody, Pati, Bárbara, Lía, Lety, Silvia, Leticia, Marcela, Sofía, Terre, Ainoa, Lisa…

Faltas ti?

A historia d@s Miúd@s

Fonte

Comentarios