As Seleccións da Costa de Fútbol Sala de base xa teñen seleccionadores
10:13 10/01/19
O encargado da sección do fútbol sala dentro da Subdelegación da Real Federación Galega de Fútbol da Costa da Morte, Fran Toba, deu a coñecer aos seleccionadores costeiros para a presente tempada.
Quedan pouco menos de dous meses para a disputa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala e as diferentes Seleccións da Costa da Morte poñeranse en marcha para preparar dita competición, a cal acudirán con todas as ilusións postas en facer un gran papel.
Catro serán as Seleccións cos que acudirá a Subdelegación da Costa da Morte ao Campionato Galego: a infantil feminina dirixida por Fran Toba e David Castro, a infantil masculina que terá no banquiño a Carlos Carballo e Nando Waldomar, a alevín masculina que estará dirixida por Ana Mouzo e Dani Costa, e a benxamín mixta, a cal terá como adestradores a Javier García “Marroco” e Carlos Pazos.
En vindeiros días, os catro combinados costeiros poñeranse mans á obra para comezar a preparar este Campionato Galego de Seleccións Comarcais, o segundo no que haberá presenza da Costa da Mort