Así se despediu o Fútbol da Costa do 2024
- Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas do FUTFEM neste último trimestre do ano.
- Sofán e Dumbría rematan o ano na 2ª praza, en posto de promoción.
- Na Liga da Costa, o Soneira impide que o Camariñas, gran protagonista deste comezo de curso, remate o ano invicto.
- E na 3ª, 5 equipos están en apenas 7 puntos de diferencia, co Malpica pegando un salto, aproveitando a derrota do Sofán B ante o Cerqueda.
Aproveitando as datas de Nadal, deixamos un resumo global da última xornada deste 2024. En breve anunciamos, en calquera caso, os Partidos Solidarios do Combinado da Costa-QPC, que se celebrarán os primeiros de xaneiro.
FUTFEM: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas
Non foi malo o peche do ano para as nosas na 2ª Div. con vitorias de Xallas e Dumbría. Espectacular primeiro treito da temporada das xalleiras, que rematan afianzadas na 2ª praza a só 1 do líder, en praza de ascenso directo. O Cee tamén gañou o seu último choque do ano.
Na Liga da Costa, a sorpresa da deuse nas Redondas onde o Cabana venceu ao Ponteceso. O cadro pontecesán ve como o Mazaricos e o Corcubión o superan, quedando os tres xa lonxe do Corme, que suma uns números de cine: 9 vitorias en 9 partidos, 44 goles a favor e 3 en contra.
Números semellante suma esta histórica Esteirana, que na súa primeira temporada suma tamén 9 vitorias en 9 partidos, 59 goles a favor e só 11 en contra.
Preferente e 1ª: Sofán e Dumbría, protagonistas
Remata con vitoria o Sofán en Lalín, fixo nunha impresionante 2ª praza.
2º tamén, e tamén en postos de promociñón, remata o ano o Dumbría, despois de endosar un set ao Calo. Gran papel dos de Pablo Conde, pero tamén dos Muxía, Fisterra e Castriz, que rematan o ano entre os 7 primeiros da 1ª. Caeron Muxía e Castriz fóra de casa, pero o que sumou a súa terceira vitoria consecutiva foi este impresionante Fisterra cheo de coraxe local.
A Esteirana segue sen sorte e volveu perder un partido que puido ter caído do seu lado, mentres que o San Lorenzo remata o ano pechacancelas esperando que o 25 chegue mellor.
Liga da Costa: O Soneira frea ao Camariñas
O Camariñas é o gran protagonista deste primeiro trimestre da Liga da Costa, pero non conseguiu rematar o 2024 invito, sendo o Soneira o primeiro equipo en facerlle coñecer o sabor da derrota. Por detrás non cede o Xallas, erguido como a alternativa ao título, que superou ao Corcubión nun partido tolo. Os xalleiros están 5 por debaixo do líder, empatados, ollo, cun Monte Louro que está a facer historia cos seus números. Onte, golearon ao Corme para despedir o 2024. A 3 de xalleiros e loureáns está o Baio, que venceu ao Coristanco, e xa asoman Soneira, Porteño e Ponteceso por aí, despois das súas vitorias.
3ª: O Malpica remata en alto con 5 equipos igualadísimos
A sorpresa, relativa, da xornada foi a derrota do Sofán B ante o Cerqueda. Relativa porque se ben o Sofán B chegaba invicto a esta 14ª xornada, o Cerqueda apenas estaba a 5 puntos, quedando agora a 2 do filial carballés e a só 7 do líder, un Malpica que lle vencía a semana pasada. Os malpicáns rematan o 2024 líderes da 3ª, suman 4 puntos máis que o Zas (que descansaba) e Volantes, que volvía vencer tralo tropezo da semana pasada en San Andrés.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.