Domingo. 29.03.2020
El tiempo

O Atlético Pereiriña volverá competir a vindeira temporada

Imaxe do Atlético Pereiriña na tempada 2007-08. Foto-Phottic
Imaxe do Atlético Pereiriña na tempada 2007-08. Foto-Phottic
O Atlético Pereiriña volverá competir a vindeira temporada

Xa hai semanas que corría o rumor polo Fútbol da Costa de que o Atlético Pereiriña podería volver competir a temporada que vén. Acabamos de confirmar que a volta do equipo ceense para a vindeira campaña está en camiño.

O equipo verdinegro nacía en 2007/2008 e competiu na 3ª Galega da Costa ata a 2011/2012. Se a situación o permite, volverá saír aos terreos de xogo na 2020/2021, como nos confirma Adrián Ozón, un dos seus promotores.

 Choque do Pereirina ante o Vimianzo na 2008-2009
Choque do Pereiriña ante o Vimianzo na 2008-2009
  • QPC: Como rexorde esta iniciativa? Está case asegurado que estaredes na tempada 20/21?

Pois si! A volta do Atletico Pereiriña este ano, se a situación o permite, é algo no que estamos traballando. Estabamos en trámites antes de empezar todo isto do coronavirus. Agora témolo en pausa pero a idea é que tan pronto acabe poder seguir adiante.

A iniciativa xorde dun grupo de amigos cansado de xogar cada un nun equipo distinto (Cee, Corcubión, Dumbria... etc) que queremos xogar todos xuntos, formar un equipo unido.

 
  • QPC: Todos do lugar?

A verdade é que a xente é toda de arredores: Lires, Cee, Dumbría, Muxía… pero tamén somos xente de Pereiriña.

 
  • QPC: Cantos quedan aínda en activo da anterior experiencia?

A verdade é que somos todos xente nova que non participou na anterior etapa, pero si que temos a sorte de poder contar coa axuda de moitos deles para poder levar isto adiante e aconsellarnos naquelas cousas que podemos mellorar.

Estamos moi en contacto coas xentes do Pereiriña de antes.

comentarios