O Camariñas cítase ca historia para alzarse co título da Liga da Costa 21 anos despois

O domingo ás 12:30h é o horario escollido pola familia do Camariñas para acoller o que pode ser un partido histórico. O Vicente Carril encherase para ver o partido ante o Corcubión. Se vencen, os camariñáns gañarán o seu 5º título da Liga da Costa, 21 anos despois do último conseguido.
Foi na 2003/2004 cando aquel equipo dirixido por Berto conseguía, cun dominio semellante ao desta temporada, o seu último título.
Aquel equipo estaba formado polos Manolito, Pepucho, Pirucho, os irmáns Costa (Diego e David), os irmáns Toja (David e Mario) e mesmo Moriño, que xa vestía a camiseta do primeiro equipo. A alegría do título chegou na antepenúltima xornada, cando un gol de Pirucho lle daba a vitoria aos camariñáns no Carral ante o Sofán para completar a fazaña, e rematar posteriormente con 11 puntos de vantaxe sobre un San Lorenzo, que a final, sería o equipo que ascendería a 1ª Rexional trala renuncia do cadro camariñán.Máis horarios
O Camariñas se non gaña, podería cantar o alirón pero pola tarde, se non gaña o Xallas ao Coristanco.
Polo demais, a xornada na Liga da Costa deixa aberta a loita pola promoción, co Baio e Soneira visitando a Corme e Cabana.
Na 1ª, temos derbi no Conco de necesidades, dispares, entre un Dumbría lanzado polo ascenso, e un San Lorenzo que gasta as últimas balas da salvación. Haberá tamén derbi en San Pedro, cun Castriz-Esteirana.
Ademais, na 3ª, haberá partidazo en horario tardío, cun Sofán B - Malpica no Carral para ver quen queda na loita cun Sporting Zas que parece non fallará ante o Laxe.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.