mércores. 24.09.2025
El tiempo

O Cámping Lago-Mar acolle esta semana unha charla con tres xogadores históricos do Fútbol da Costa

Charla Futbol da Costa Camping Lago Mar
O Cámping Lago-Mar acolle esta semana unha charla con tres xogadores históricos do Fútbol da Costa

O Cámping Lago-Mar de Muxía acollerá o vindeiro sábado 27 de setembro unha charla sobre Fútbol da Costa. Será unha conversa na que participarán tres xogadores históricos da zona: Manín, de Fisterra; Leo Picallo, de Corcubión; e Tono, de Camariñas. 

Trátase de tres xogadores cunha longa experiencia xogando en distintos equipos da zona, polo que será un encontro dedicado a todas as persoas amantes do fútbol e do fútbol da Costa no que os xogadores compartirán as súas vivencias e experiencias.

A charla comezará ás 18:00 horas e estará moderada por Álvaro do Coral, da Lonxa D´Álvaro, un dos grandes cociñeiros da Costa da Morte e un gran amante do fútbol da Costa. 

Concerto de The Revivals

Esta fin de semana o cámping tamén acollerá dentro da súa programación o concerto de The Revivals. Trátase dun trío acústico afincado na Coruña formado por tres músicos que levan moitos anos subidos aos escenarios: Katy Blue, José Angel Colorado e Nano Combo. O concerto será o venres 26 de setembro a partir das 20:00 horas.

Comentarios