Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Condenan a Rafael Louzán a 2 anos de cárcere e 8 de inhabilitación por prevaricación e fraude

Rafael Louzán nunha Gala do Fútbol da Costa
Condenan a Rafael Louzán a 2 anos de cárcere e 8 de inhabilitación por prevaricación e fraude

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de informar que o Xulgado Nº3 de Pontevedra condena ao ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. O actual presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto coa exalcaldesa de Moraña e actual delegada da Xunta en Pontevedra, son condenados a 2 anos de cárcere e 8 de inhabilitación para emprego ou cargo público, ao consideramos culpables de sendos delitos de fraude e prevaricación.

Se ben a sentenza non é firme, pois contra ela cabe interpoñer recurso ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, a xuíza “considera probado que cometeron irregularidades para outorgar 86.311 euros a unha construtora para compensala por un sobrecusto nas obras do campo de fútbol de Moraña”.

A delegada da Xunta acaba de presentar a súa dimisión.

O caso

A situación remóntase a 2011, durante as obras de instalación de herba artificial no campo de fútbol de Moraña. A Xuíza asegura que a empresa construtora aumentou o seu custo en 86.816 euros debido a unha certificación. Ao tratarse dunha obra executada con subvención, a lexislación impedía exceder o importe subvencionado, polo que, segundo a sentenza, “se ideou un sistema artificioso, en fraude de lei, tendente a abonar á empresa o importe que reclamaba”. A maxistrada destaca que, para facer fronte a ese pago, en 2013, co acordo do presidente da Deputación, o director de Infraestruturas, o administrador da empresa, a alcaldesa de Moraña e un arquitecto, se adxudicou de forma irregular outra obra á mesma construtora por ese importe, en concreto, as melloras no vestiario e as bancadas do campo de fútbol, a pesar de que parte delas xa foran realizadas. Unha vez denegada a posibilidade de aumentar o custo das obras iniciais, “buscáronse alternativas para pagar esa certificación, creándose o proxecto de mellora en vestiarios e bancada do campo de futbol”, indica a xuíza.

Á mesma pena de prisión –dous anos- foi sentenciado o administrador e un empregado da adxudicataria do proxecto, así como o arquitecto que o asinou, a quen tamén inhabilitou para obter subvencións e axudas públicas durante catro anos.

Comentarios