Martes. 19.03.2024
El tiempo

Conversa con Iván Cancela e Cantudo, adestradores da Selección Galega

Cantudo e Ivan Cancela coa Seleccion galega
Cantudo e Iván Cancela no primeiro adestramento coa Selección galega
Conversa con Iván Cancela e Cantudo, adestradores da Selección Galega

Esta semana, tivo lugar o primeiro adestramento de Iván Cancela e Marco López "Cantudo” coa Selección Galega de Afeccionados. Os dous “costeiros”, primeiro e segundo adestrador, preparan ao combinado galego para a Copa das Rexións UEFA. Xogamrase a clasificación para a segunda fase en Galicia entre o 6 e o 8 de decembro, concretamente nas Rías Baixas (Portonovo, Vilalonga e A Illa de Arousa) ante os equipos de Ceuta e Castilla La Mancha.
22 xogadores da 3ª División (entre eles os xogadores do Bergan Aarón, Iago López e Diego), foron os escollidos para adestrar este mércores en A Estrada, e farán o propio durante 5 sesións antes da fase.

Primeiro adestramento de Ivan Cancela e Cantudo ca Seleccion Galega

Queremos falar cos nosos protagonistas no combinado galego.

Iván Cancela

Iván Cancela (Anxeriz-Tordoia, 1982) é parte intrínseca do fútbol da Costa, pois a súa carreira nos banquiños desenvolveuse no Xallas (en dúas etapas), Zas, Dubra e Sofán. Reside ademais en Cabana, onde é mestre.
O pasado mes de xuño alzábase como Presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, tomando ademais o mando da Selección.

  • QPC: Como chegou a proposta da RFGF para dirixir a Selección?

Foi unha proposta que me fai o presidente Rafael Louzán hai un tempo, a mediados da tempada pasada. A partir diso tivemos varias reunións para concretar varios aspectos e todo foi adiante pola boa predisposición de ambos os dous. Aparte de unirnos unha boa relación persoal, temos unha boa sintonía e unha maneira similar de ver e entender as cousas. Estou moi agradecido tanto a él, ó director deportivo Manu Fernández como a súa xunta directiva por confiar en min.

  • QPC: Que supón para ti este cargo? É unha culminación ao traballo feito ou é un paso adiante camiñando cara o fútbol profesional?

Unha oportunidade única e impensable no pasado. Síntome un privilexiado por poder chegar aquí. Ó mesmo tempo supón unha gran responsabilidade por todo o que conleva. Estou moi ilusionado e orgulloso de poder estar ó fronte da selección da nosa comunidade. É unha culminación non sei se ó traballo ben feito, pero sí ó esforzo e a paixón no traballo durante moitas tempadas. Hai que ter a sorte de estar en clubes que che deixen traballar e que aposten por tí e, por suposto, de ter xente traballando contigo moi profesional e currante. Ademáis tiven a gran sorte de ter grupos de xogadores incribles. Pero este camiño ten o comezo nunha persoa que apostou por min fai once anos, foi Pedro Fernández e sempre lle estarei moi agredecido. Non miro se é unha paso adiante camiñando cara o fútbol profesional, eu disfruto o presente e coa xente toda que teño a sorte de coñecer, intento facer as cousas de forma minuciosa e con paixón e o futuro que sexa o de disfrutar o máximo con este deporte tan fermoso. Pero sería hipócrita se non dixera que, evidentemente, me gustaría seguir dando pasos cara adiante.

  • QPC: Iván, sabendo que pediches excendia no cole de Agualada, que che toca facer na RFGF?

Primeiro decir que a Agualada é a miña segunda casa, porque estiven alí dez anos e gárdolle gran cariño a este pobo e a súa xente. Deixo grandes recordos e amigos. Foi moi dura a despedida, pero pode que non sexa un adeus definitivo porque o mundo do fútbol e moi cambiante.
A Federación Galega está facendo un traballo impecable co noso fútbol. O que me toca facer é poñer todo da miña parte para estar á altura da situación. Sei de antemán, que isto conleva moito traballo e horas de dedicación, pero é un reto ilusionante. É un cambio interesante, porque estou vendo o fútbol dende outra perspectiva. Todos os pasos que dea teñen que ser en terreo firme. Temos claro que o Comité e a Escola van a ir da man. Por esto o presidente decidiu que a responsabilidade do Comité e da Escola recaese na mesma persoa.

O obxectivo xeral é que os adestradores sintan o noso apoio e axuda, sen esquecer que están dentro dun contexto e que hai uns dereitos pero tamén unhas obrigas que cumprir.
Os obxectivos concretos irán marcados polas liñas de traballo que nos marquemos, sempre dende a seriedade e o noso afán por mellorar. Estamos dende o día un abertos a escoitar propostas e liñas a mellorar, que serán importantes no concreción de obxectivos.A escola e o Comité é de todos os adestradores galegos.
Sei que hai unhas liñas xerais de actuación no comité, que abarcan moitos temas e cuestións, tanto de maneira directa como transversal. O máis groso do Comité é o control de licencias e que sexan presentadas nas competicións pertinentes, organizar xornadas de formación e actualización para os adestradores, interferir entre adestradores e clubes cando a situación o requira, asesoramento... E, por suposto, estar en contacto co Comité Nacional para tratar os temas pertinentes.
Tranquilízame saber que teño xente ó lado da que me consta a sua eficienca e experiencia: Dani Regos, Jorge, Corredoira, Álex, Pablo Prieto, Vilachá…

Presentamos recentemente o Comité Galego de Adestradores, onde están os delegados da Escola Galega de Adestradores e as figuras de Lucía Otero e Pili Costa, representando ó futbol femenino, que se encontra nun momento de crecemento e auxe constante. Estou moi ledo e satisfeito con este grupo de traballo, pola súa gran predisposición e capacidade de traballo.

Na Escola intentamos que a formación dos adestradores galegos sexa óptima. Continuar chegando a todos aqueles que desexen conseguir titulación é moi importante e intentar seguir nunha boa liña. Temos a ventaxa de que contamos posiblemente co profesorado máis cualificado a nivel nacional.

O fútbol evoluciona constantemente e por isto é elemental que os adestradores conten con gran información e asesoramento de como poñela en práctica. Coa incorporación das licencias UEFA, que valen para adestrar en todo Europa, temos a difícil e o mesmo tempo ilusionante labor de adaptar a nosa Escola á unificación imposta dende a Nacional. Vai a manexarse todo dende unha plataforma común e haberá unha unificación para todas as escolas nacionais de apuntes, criterios de evaliación, currículum, recursos didácticos... Está sendo unha tarefa ardua e nada sinxela, pero confiamos que positiva na progresión da formación no fútbol.

  • QPC: Como vos coñecestes ti e Cantudo? E como se forxou esta confianza para entregarse o segundo bastón de mando?

Pois xa nos coñecíamos de fai uns anos porque coincidimos un tempo no Xallas. Cando o ano pasado xurdiu a oportunidade da selección, el era o meu axudante e propúxenllo. É unha persoa moi implicada, traballadora e un gran profesional. Ademais quería que fose alguén de confianza e sei que se algo non funciona ben ou se pode mellorar el me vai a dar a súa opinión de forma obxectiva. Estou moi contento de telo ó meu lado.

  • QPC: Como se fai unha Selección? Como traballa o corpo técnico para coñecer de preto aos mellores do fútbol amateur galego?

É algo moi complexo. Hai un alto número de xogadores non seleccionables. Aqueles que tiveron ficha non-amateur nalgún momento, os que non levan dous anos naturais ininterrompidos na territorial, os que xogaron algunha competición profesional ou rexida pola UEFA, os que pertencen a equipos filiais ou dependentes... non son seleccionables. Da primeira criba xa se nos caeron moitos por non cumprir os requisitos.

Dende que me comunicaron, xa hai un tempo, que sería o responsable desta, obrigoume a estudala de maneira máis minuciosa e nisto seguimos. Tanto eu como os meus axudantes actuais nesta tarefa,estamos observando e xerando informes individuais de xogadores seleccionables que son do noso interese. Sempre coa colaboración do director deportivo, Manu Fernandez. Temos a ventaxe de que podemos acceder de maneira sinxela á visualización dos partidos.
Iso sí, vai a ser moi diferente que adestrar nunha competición regular. Temos claro que imos a ter poucos dias de adestramentos. Hai que transmitir unha idea, acompañada duns mecanismos e automatismos, de forma clara e concisa.
Temos o privilexio de contar cun nivel moi alto de xogadores. Tanto a nivel cualitativo como cuantitativo, imos a ter a sorte de contar cun gran grupo para elixir.

  • QPC: Hai posibilidade de que algún xogador da Preferente acabe xogando na Selección ou queda moi lonxe? Juan de Dora, por exemplo, podería ir?

Tamén poden ir xogadores de Preferente pero nesta primeira convocatoria non levamos ningún. Juan de Dora sí pode ir. É un xogador que tiven a sorte de adestrar e que está en progresión e facendo un papel importante na terceira para a súa corta idade.
Téñolle gran aprecio e espero que nun futuro poida estar coa seleccón galega.

  • QPC: A que aspira o combinado galego?

Decir que,como todas as seleccións, sei que en poucos partidos nos xogamos moito e que todo o traballo realizado ponse en escea en pouco tempo. A marxe de erro é case nula. A nosa aspiración inmediata é pasar a primeira fase.

  • QPC: Hai visos de volver ver a Selección Galega “profesional” protagonizando algún amistoso?

Esperemos que sexa pronto, pero sabemos que os calendarios do fútbol actual fan que esta sexa un tarefa moi difícil. Pero sí sería fermoso volver a ver a nosa selección.

  • QPC: Como vés o estado de saúde do fútbol costeiro?

Pois creo que é bo. Polo que adestradores se refiere, creo que cada vez están mellor preparados. Están apostando por formarse, exemplo claro son os cursos numerosos de Coristanco , Cee e todos os que se fan de monitor. Creo que a evolución do noso fútbol pasa pola formación. A nivel xeral, a federación conseguiu chegar nos últimos tempos, con Corredoira como gran valedor, de maneira moi eficiente a unha Costa que estaba un pouco de lado. Temos tamén a nosa subdelegación de árbitros, algo impensable fai anos e que está realizando unha gran labor con Víctor ao frente. O impulso do fútbol femenino tamén está sendo moi bo. E por suposto as nosas seleccions de nenos, todo un orgullo. Persoalmente, teño gran debilidade por este fútbol, polos anos que levo vinculado a el e polas amizades que tiven a sorte de facer. É un territorio onde o fútbol se vive de maneira especial. Ademais, tiven o respaldo absoluto da Costa para defender e apoiar o noso fútbol na Federación Galega e non o esquecerei. Que saiban que me teñen aquí para calquera suxestión, dúbida, axuda... Temos que seguir impulsando o noso fútbol, que siga sendo unha referencia e a envexa do fútbol galego. A chegada de Silvia Cancela á federación tamen é moi positiva para o noso fútbol, porque de sobra sabemos, os que a coñecemos, que lle gustan as cousas ben feitas e se volca e implica de maneira eficaz nas responsabilidades que conlevan o seu cargo. E non esquezamos a vosa gran labor, a de todos os periodistas, que tanto apoiades a nosa comarca de maneira altruísta.

  • QPC: Como vés aos equipos costeiros da Preferente?

Pois o Fisterra moi ben, fixo un gran bloque e creo que estará pelexando ata o final polos postos altos da categoría. Ten xogadores con moita experiencia en categorías superiores. Se as lesións lle respetan e son regulares no traballo diario, que vai a marcar as diferencias entre os bos equipos da categoría, poden facer algo importante. Ademáis conta con unha gran afección e este é un factor importante a ter en conta.
O Sofán creo que vai a facer un bo papel. Conta con un gran corpo técnico, mantén bloque de anos pasados e incorporou xente nova pero con proxección e outra con experiencia na categoría. Ademáis no Carral é un equipo moi difícil de batir.
O Xallas sufriu un cambio de prantexamento, apostando fortemente pola xente da casa. Sendo claro, creo que é honrado adaptar o plantel á viabilidade dun clube e non querer estar por encima das posibilidades económicas e apostar por xente do pobo. Esperemos que, aínda no sexa un gran ano a nivel deportivo, sirva para “enganchar” o pobo ó seu equipo. Pero queda moito,cónstame que tanto corpo técnico como xogadores seguen traballando con moita ilusión e que se vexa reflexado e resultados.

Quero dar as gracias a Quepasancosta por acordarse de min e pola vosa gran labor na Costa.

 

Marco López Rodríguez "Cantudo”

Ivan Cancela e Cantudo en Sofan
Iván Cancela e Cantudo traballando man a man na súa etada no Sofán

”Cantudo”, a man dereita de Cancela, é natural Arteixo (1978). Como xogador vestiu a camisola do CD Larín, do Xallas e do Sofán. Como adestrador, é parte da familia da SD Sofán, xa que pasou polas súas categorías infantil e cadete para posteriormente dar o salto ao primeiro equipo, no que primeiro coincidiu con Josito" e Roberto Bermudez "Pirucho" (tempada 16-17) e máis tarde co que agora é seleccionador galego, Iván Cancela.

  • QPC: Que supón para vós afrontar este novo reto?

Pois supon un reto moi bonito e apaixonante para min, con moita ilusión de formar parte deste gran corpo técnico e con moitas ganas de seguir aprendendo e acumulando experiencia, tanto dende o banco como con esta primeira convocatoria de xogadores dun gran nivel como ten a día de hoxe a 3ª División galega.

  • QPC: Como vos coñecestes ti e Iván? E como se forxou esta confianza para que che deixe tanta responsabilidade?

Iván e eu coñecimonos no ano 2009, onde fomos compañeiros de equipo durante uns meses no Xallas. Despois diso, e xa con el no banquillo do Zas e eu como xogador en Sofán, enfrontámonos algunha que outra vez, e desde o inicio considero que tivemos unha boa relación, que nos últimos anos se viu reforzada por cousas que eu lle preguntaba ou dúbidas que o mellor tiña de cando empecei a adestrar na base, e que sempre me daba ideas, para xa dende a tempada 2017-2018 ter un trato mais directo o ser o adestrador do Sofán, primeiro acompañado por Geno e xa na segunda tempada estando eu con el de segundo adestrador.
En canto o da confianza creo que esa pregunta terías que formularlla a el, pero creo que, o igual que el, son unha persona metódica, que me gusta o traballo ben feito e aprender cada día e son condicións que con Iván se dan no día a día.
A partir de aí cando xurdiu a opción da selección el comentoumo e dixome que lle gustaria que o acompañase na experiencia, e eu encantado, simplemente que eso tiña que valoralo el, se consideraba que podia axudarlle ou aportarlle cousas o seu traballo por min xenial, e aqui estamos….

  • QPC: Xa en clave costeira, como segundo adestrador, como está a SD? A que aspira realmente este curso?

Pois a SD está moi ben neste arranque da tempada. O clube fixo un esforzo moi grande para reter xogadores importantes nunha tempada de transición por distintos motivos, e despois incorporou grandes xogadores, xente contrastada na categoría con xogadores novos cun nivel brutal, tanto de competitividade coma de ilusión por crecer e mellorar, e a mezcla estamola disfrutando moito.
Creo que xa se demostrou a tempada pasada, onde a SD fixo un gran traballo durante todo o ano e que este ano sigue na mesma liña da man de Alberto Rodriguez, un novo míster, xoven pero xa con unha gran experiencia en 3ª División e tamen na 2ª B, que xunto con Javi Cotarelo (o profe) e eu estase a traballar para ser un equipo rocoso, competitivo e que vaia a por todas en calquer campo, polo tanto temos que ser ambiciosos, mirar sempre cara os postos altos, porque creo que xa somos un equipo consolidado na Preferente e que pode facer cousas importantes.

  • QPC: Ti que o vives co Sofán Cadete, como ves o estado saúde do fútbol base costeiro?

Pois a verdade e que vexo o fútbol base costeiro moi ben. Cada día os clubes esforzanse en coidar mellor os nenos, formalos o mellor posible e sacarlles todo o talento que levan dentro, que o hai, e moito ademais.
Non e casualidade de que clubes coma o Bergantiños, Conxo, Bertamiráns... clubes que están na máxima categoría (D.H.) por exemplo en cadetes poñan os seus ollos en nenos que xogan no Sofán, no Outes, no Dumbría, no Cee…
Iso é porque dende o seu clube de orixe miman e fan medrar a ese neno para que poida chegar a esos niveles, e consolidarse.

De feito o exemplo estase a ver tamén na evolución da Sub15 costeira, unha selección que botou fai pouco a andar, que nos seus comezos era un pouco a "cenicienta" nos torneos que disputaba, pero que xa o ano pasado fixo un bo papel nos torneos aos que foi, competindo contra outras seleccións formadas na maioria por nenos que xogan en canteiras de equipos profesionais ou semiprofesionais, polo que nos di que o fútbol base costeiro e algo a ter en conta, cada vez os adestradores estan mellor formados, os equipos teñen mais talento e eso fai que as ligas sexan tan atractivas, e poidan ser un escaparate para o resto de clubes.

 

Novas relacionadas

Comentarios