Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: A final bestia

Copa da Costa: A final bestia
Os dous equipos que representarán á Costa en Preferente a vindeira tempada enfrontaránse no peche copeiro; o Xallas tivo que remontar en Mazaricos Zas e Soneira xogaron un encontro entretido pero sen demasiada tensión Zas e Soneira xogaron un encontro entretido pero sen demasiada tensión   Sporting Zas 0-1 Soneira O Soneira xogará unha nova final O Soneira xogará unha nova final
  • Campo: San Andrés
  • Sporting Zas: Tívoli, Martín, Elías, Diego Fernández (Dieguiño m.46), Adrián (Isma m.46), Carlos, Álvaro, Manuel, Pedro, Braulio (Rubén Forján m.46) e David Blanco (Marcos Corzón m.4) (Dani Mato m.56)
  • Soneira: Anxo (Bonano m.66), Brais Mouzo (Darío m.46), Fran de Urroa, Alberto, Jota, Mayor, Óscar de Maema, Richi (Javi m.38), Mario, Figueroa (De la Sierra m.66) e Martín
  • Árbitro: Morlán García (A Coruña). Amonestou a Diego Fernández, Braulio e Martín do Sporting Zas; Mayor e Jota do Soneira
  • Gol: 0-1 m.28 Figueroa
Figueroa selou o suposto Non houbo afán de remontada e si preocupación e velada de armas por parte dun Sporting Zas con moitas rotacións. O Soneira, que tamén lle deu minutos a algúns dos menos habituais, competiu coma sempre e sumou outro triunfo a unha tempada de récord. O protagonista do primeiro acto foi Figueroa. Primeiro abriu o marcador tras unha gran xogada de Richi, e antes do intermedio erraría un man a man e outro bo remate a pase de Javi. O segundo acto tivo menos intensidade, sobre todo polo que se xogaban os zascenses ao día seguinte.   Mazaricos 0-2 Xallas xallas
  • Campo: Peña do Ouro
  • Mazaricos: Miguel, Gemelo, Ramón, Matías, Brais, David, Chenel (José Ángel m.59), Esteban Pereiro, Ferreiro, Marcos (Chico m.75) e Martín (Tuco m.25)
  • Xallas: Julián, Cristian, Pablo Novo, Martín Barreiro, Rachón, Fernando, Doro, Álex Canedo, Kevin (Barbeira m.88), Jesús (Anxo m.80) e Marcos (Camilo m.75)
  • Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Gemelo, Matías, Brais e Chico do Mazaricos; Jesús do Xallas
  • Goles: 0-1 m.9 Jesús a centro de Kevin de tiro raso; 0-2 m.60 Jesús
Jesús o salvador Dous goles de Jesús, un ao inicio de cada periodo, deulle ao Xallas a clasificación para a final da Copa da Costa. O ex do Negreira foi o máis profundo e o que mellor foi quen de ler o que propoñía un cadro local moi mermado polas ausencias, e que competiu con intensidade e tentando deixar os menores espazos posibles. As dimensións e características do campo, que posiblemente sexa a sede da final do torneo do KO, favoreceron unha ordeada e meritoria resistencia. Dúas accións no área, onde Jesús foi o máis listo, decidiron. O primeiro non tardou en chegar. Estaba a mitade do traballo feito, pero o Mazaricos aguantaba atrás e intentaba  crear perigo con algún balón longo que cazase Chenel. A segunda mitade sigue da misma maneira hasta que no minuto 60 nunha boa xogada colectiva do Xallas que daba a volta a eliminatoria. Foise arriba o Mazaricos, xa sen Chenel, fóra por lesión, pero non conseguíu facer dano e meter ese gol que levaría á prórroga. Aínda así, os de Néstor pecharon así un curso de dez.  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios