Preferente: Mirando os obxectivos en fite
Terceira xornada sen perder suman os dous equipos costeiros. O Dumbría non fallaba ante o pechacancelas, e está no mellor momento da temporada e suma 6 xornadas sen perder, conseguindo xa un colchón de 5 puntos sobre o descenso e deixando 3 equipos polo medio.
Na zona alta, o Sofán, puido cun rival moi potente como o Pol, e queda a 1 punto da promoción de ascenso.
Cultural Maniños - Dumbría (0-1)
- Dumbría: Anxo, Mataso, Aarón, Berto, Jano, Sergio, Juan, Toni, Alex Marcote, Javito e Diego Estévez. Tamén: Aleix, Mario, Lucas Toba, Pablo Taboada, Iago, Adrián Periscal, Breixo.
- Gol: 0-1, m.38: Javito.
Sumaron os 3 puntos os dumbrieses nun choque trampa, ao que xogaban con moitas baixas, e con moito que perder. Un punto antes do descanso, tras unha primeira media hora frouxa, valeu para sumar os 3 puntos.
Intentou axustar Pablo Conde no descanso pero a segunda metade foi mala. Si que ao final tiveron 2-3 contras para sentenciar pero o partido seguiu aberto ata o pitido final se ben o Maniños non apretou demasiado.
Sofán - Pol (2-0)
- Sofán: Brais, Dani, Alexandre, Braian, Alex Sánchez, Izan, Pablo Parafita, Fabián, Iván Parafita, Julián, Joel. Tamén: Gardu, Javi, Dani Pena, Bruno, Marcos Montero e Iraitz.
- Goles: 1-0, m.65: Alexandre de penalti sobre Braian; 2-0, m.82: Alexandre.
Partido moi serio do cadro de Pablo Torreira, que soubo frear a calidade dos visitantes, e que se non fose pola figura de Javi Liz os carballeses tiñan que ter ido por diante no marcador ao descanso, pero paroulle dúas boas de Julián e un gol anulado a Pablo Parafita.
Mantivo a seriedade o cadro local, sen conceder nada atrás, apenas unha chegada que Brais sacou co pé, e chegando con certo perigo. Adiantouse de penalti o Sofán e co paso dos minutos os lucenses foron empurrando, metendo mesmo ao central Camba arriba, e colgando balóns á área. Pero souberon sufrir os sofanistas e nunha contra Alexandre sentenciou.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.4: Suma e segue.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.6: En posición noble.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.8: Situándose.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.10: Afianzándose na zona medio-alta.
- X.11: Pouca pesca.
- X.12: Doble e dolorosa derrota.
- X13: .O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto.
- X.14: O Sofán asalta, con sufrimento, o Conco.
- X.15: Dous valiosos empates.
- X.16: Un parón tranquilos.
- X.17: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro.
- X.18: Escápase a promoción e achérgase perigosamente o descenso.
- X.19: O Sofán conquista o Jesús García Calvo.
- X.20: O Dumbría métese en postos de descenso.
- X.21: Mal momento.
- X.22: Reacciona o Dumbría.
- X.23: O Sofán suma polos dous.
- X.24: O Dumbría resiste na dura batalla.
- X.25: Doble vitoria campal.
- X.26: Dous empates para seguir sumando.