Copa da Costa: Dous tragos 'premium' e o resto garrafón

18:40 25/03/16
Frouxa en emocións e escasa en interese en moitas frontas foi a volta duns dezaseisavos desputados fóra de lugar e de momento; só en Ponteceso e Outes houbo sabor a clásicos
O Soneira venceu na recta final - Foto: Soneira SD
Ponteceso 2-3 Sporting Zas
Campo: O Pinguel
Ponteceso: Brais, Regueiro (Ismail m.58), Nando, Alberto Recarey, Juanma, Dieguito (Cristian m.77(, Iago (Youssef m.68), Baba, Mendieta, Eloy (Jose m.56) e Charly
Sporting Zas: Bugy, Diego Fernández (Carlos m.79), Braulio (Martín m.79), Josito, Rubén Forján, Rubio, Cilindro, Manu (Adri m.79), Chapela, Dani e David Blanco
Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Mendieta e Nando do Ponteceso; Manu, Cilindro e Diego do Zas
Goles: 0-1 m.10 Dani Mato; 1-1 m.36 Nando; 2-1 m.41 Nando; 2-2 m.72 Rubio; 2-3 m.81 David Blanco
Case como a loita da Liga
Precioso espectáculo deixaron Ponteceso e Sporting Zas, á altura da pelea que veñen protagonizando pola Liga da Costa. O 2-0 da ida en San Andrés obrigaba á machada aos de Barca, que por enriba encaixaron o golazo de Dani Mato desde a frontal moi cedo. Sen especulacións, o cadro da Vila de Pondal medrou e medrou, e dous cabezazos de Nando con resultado de gol, antes do intermedio, levantaron á parroquia. Apretou o Ponteceso no segundo acto, pero a falta de vinte minutos recibiu o mazazo do gol de Rubio nun remate desde dentro do área, e aí morreu a eliminatoria. Contra o final David Blanco acudiu á súa cita co gol.
Outes 1-2 Soneira
Acompañou o público de ambos equipos no Cunchido - Foto: SD Soneira
Campo: O Cunchido
Outes: Rama, Borja, Dani Corniños, Maroñas, Chía, Jorge (Kim m.74), Chúa, David (Jura m.66), Martín, Piki e Yago Dosil
Soneira: Anxo, Darío (Cristian m.33), Brais, Jota, Aarón, Mayor (De la Sierra m.64), Mario, Richi (Nazo m.84), Basti (Maikel m.79), Javi e Alberto Vía
Árbitro: Vidal Fonseca (A Coruña). Amonestou a Piki, Jorge e Yago Dosil do Outes; Aarón e Cristian do Soneira
Goles: 0-1 m.12 Richi; 1-1 m.38 Piki; 1-2 m.76 De la Sierra
O De la Sierra máis 'johanista' decidiu un copazo
Partidazo do 'copón' no Cunchido, ao que respostaron as afeccións, o guión e uns futbolistas motivados en ambos lados. O Soneira conseguiu prorrogar a opción doutro dobrete, grazas a un choque serio e que decidiu un pouco habitual nese arte como De la Sierra, némesis de seu irmán e pichichi de Primeira. Pode que influise a maxia de levar o '14' do mito Cruyff nun día de luto para o balón. Abriu o marcador Richi, nun córner provocado por unha xogada súa. O tanto pareceu asentar con bastón de mando no campo a un Soneira moi ben prantado, e que a piques estivo de aumentar a conta cun disparo de Javi. Despertou o aviso aos locais, que pouco antes do intermedio trenzaron unha gran acción colectiva, finalizada por Piki no área pequena. Acentuou xa no segundo acto esa tendencia a medrar o Outes, que fixo lucirse a Anxo no inicio. Pero faltaba a versión efectista da cita. Coa prórroga no horizonte, unha estratexia de córner e un rexeite foron aproveitados por De la Sierra para meter ao Soneira en oitavos. Os locais pediron fóra de xogo na acción.
Baíñas 5-2 Ameixenda
Campo: Municipal de Vimianzo
Baíñas: Sergio (Joselu m.46), Héctor, Canay, Cristian, Tasky, Javi Suárez, Jaime, Alemán, Tantán, Samuel (Dani Casal m.46) e Esteban
Ameixenda: Maikel, Jorge, Trillo, Javichu, Bicho, Sergio, Jesús, Grille, Brais (David m.37), Borja e Rafa
Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Tasky e Samuel do Baíñas; Javichu e David do Ameixenda
Goles: 1-0 Jaime; 1-1 m.22 Brais; 1-2 m.24 Rafa; 2-2 m.31 Javi Suárez; 3-2 m.42 Héctor; 4-2 m.49 Javi Suárez; 5-2 m.87 Esteban
Uns minutiños de emoción
A un gol de empatar a eliminatoria chegou estar durante sete minutos un Ameixenda que de tódolos xeitos rápido perdeu a fe na remontada. Trece convocados nun equipo e doce noutro foron outra das mostras de que esta Copa, este día, molestaba e moito. O segundo acto xogouse a ritmo de encontro amigable.
Carnota 1-3 Baio
Campo: Lombáns
Carnota: Oli Bermejo, Bernardo, Adrián, Manolo Chouza, Samuel, Jose, Pumuky, Cibrán, Abe, Miguel e Tono da Caixa
Baio: Pollo, Ramón, Saleta, Fredi (Fran m.58), Christian (Brandon m.46), Moreno, Yago, Brais, Rubio (Sergio m.65), Luisito e MC
Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Brandon do Baio
Goles: 0-1 m.31 Luisito; 0-2 m.37 Luisito; 1-2 m.61 ; 1-3 m.87 Anxo
Unha pretempada en Semana Santa
Non houbo apenas eliminatoria en Lombáns, onde o Baio fixo debutar a varios xuvenís e probou cousas cara a liga. O Carnota, con once xustos, nin sequera tiña porteiro e tivo que formar cun dianteiro baixo paus. Os sureños están a ter problemas moi serios de efectivos na recta final do curso.
Unión Club Cee 6-1 Laxe
Campo: San Paio de Refoxos
Cee: Ángel Luis, Nico, Chiru, Jacobo, Aitor, Esteban (Álex m.46), Isma Leis (Xabi m.46), Josiño (Llanero m.30), Leo, Penedo (Isma m.70) e Dani Picallo (Jorgito m.75)
Laxe: Jacobo, Jose (Rafa m.20) (Felipe Oróns m.60), Aarón, Naya (Omar m.46), Bras, Borja, Santi, Jorge Pichel (IVán m.68), Djamel, Gora e Felipe
Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Amonestou a Naya, Bras e Djamel do Laxe
Goles: 1-0 m.33 Leo, de penalti; 2-0 m.55 Leo; 3-0 m.64 Leo; 3-1 m.75 Felipe Oróns; 4-1 m.77 Leo; 5-1 m.80 Isma Lamela; 6-1 m.88 Chiru
Xoves Santo: oremos ao Señor do gol
Catro goles de Leo, o sempiterno marido do gol, deixaron unha moi apacible tarde para o Unión Club Cee, que pese ao abultado do marcador non respirou tranquilo ata a hora de xogo, cando o de Corcubión fixo o terceiro. O 0-0 da ida e a bagaxe da volta deixa clara a melloría do Unión desde entón. Os bergantiñáns, líderes de Terceira, centraranse xa só na liga.
Cabana 0-3 Cerqueda
Campo: As Redondas
Cabana: Adrián, Grille, Jose, Isma, Rubén, Miki Pose, Álex (David Varela m.73), Fernando (Diego Varela m.58), Raúl, José Manuel (Christian m.65) e Valiña (Adrián m.55)
Cerqueda: Diego Dourado, Brais, Pazos, Dani, Athu (Jon m.46), Manu, Fernandito (Uru m.71), Lorenzo, Juanjo, Martín (Jonás m.60) e Gemelo (Luchi m.50)
Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Adrián, Raúl e Grille do Cabana; Diego Dourado, Martín e Fernandito do Cerqueda
Goles: 0-1 m.40 Lorenzo; 0-2 m.80 Lorenzo; 0-3 m.87 Luchi
Máis desequilibrado entre veciños
O 2-1 co que se impuxera o Cerqueda no partido de ida invitaba a pensar nunha cita moi igualada e emocionante nas Redondas, pero a realidade foi ben distinta. Un erro de Adrián á saída dun córner rematado por Lorenzo deulle vantaxe aos visitantes. Estrelouse no pau e no longueiro o Cabana, sen fortuna no remate, e matou Lorenzo a eliminatoria nunha boa acción de Luchi. O propio punta pecharía a conta dun choque que non tivo demasiado valor para ningún.
Fisterra 5-3 Camariñas
Campo: Ara Solis
Fisterra: Ángel, Rubia (Piti m.72), Manuel Cartamil (Rodri m.46), Javi, Breixo (Julito m.69), Adri (Adrián m.60), Abel, Roco, Jesús, Pablo Lestón e Mané (Guardiola m.76)
Camariñas: Pablo, Rodri, Kevin, Jesús, Moriño, Soule, Joseba (Álvaro m.53), Tedín, Adrián, Cerbán e Brais
Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Amonestou a Adri, Breixo, Manuel Cartamil e Pablo Lestón do Fisterra; Moriño do Camariñas
Goles: 0-1 m.7 Soule, de penalti; 1-1 m.16 Abel; 1-2 m.36 Soule; 2-2 m.31Roco; 2-3 m.39 Soule; 3-3 m.57 Adri; 4-3 m.76 Abel; 5-3 m.79 Pablo Lestón
O barco case encalla
Unha parada fóra do rumbo habitual a piques estivo de dificultarlle a travesía a un Fisterra ao que se lle atragantou a visita do Camariñas. Sen presión, os visitantes estiveron ata en tres ocasións a un gol de estar clasificados (ou de forzar a prórroga). Soule, de penalti, abría moi cedo o encontro, aínda que Abel contrarrestou tras un bo centro de Adri. De novo o africano do Camariñas, trigoleador, foi un pesadelo nas dúas seguintes vantaxes, que a base de arreóns esporádicos ían neutralizando os locais. O terceiro dos visitantes desatou a furia do técnico local Nacho, pola falta de intensidade. Muduo o panorama nun segundo acto con tres tantos locais. o último deles tras un espectacular disparo lonxano de Pablo Lestón.
Mazaricos 3-0 Porteño
Abel, nova fichaxe porteñista
Campo: Peña do Ouro
Mazaricos: Iván, Miguel Riveiro (Chico m.71), Marcos (Martín m.66), Ramón, Matías, Ricardo, Ferreiro, David, Estéfano (Chenel m.60), Brais (Raúl m.55) e Molinos
Porteño: Martín, Doyle (Abel m.46), Adrián (Manu m.78), Pejo, Jose (Manuel m.83), Rodri, Marcos, Quilmes, Wiii (Mario m.67), Canosa e Cachi
Árbitro: Giráldez Teixeira (A Coruña). Amonestou a Matías do Mazaricos; Pejo do Porteño
Goles: 1-0 m.1 Miguel Riveiro; 2-0 m.43 Molinos; 3-0 m.75 Ferreiro
Un madrugón, en tódolos sentidos
Ás 12 da mañá empezaron a xogar Mazaricos e Porteño, e antes de que se cumprise o minuto inicial unha acción colectiva desde o saque, culminada por Miguel Riveiro, deixou a eliminatoria prácticamente sentenciada. Antes do intermedio un pase ao punto de penalti de Ferreiro para Molinos orixinou o segundo gol. Ferreiro, de falta, pechou unha eliminatoria prácida para o Mazaricos.
Castrelo 1-2 Sporting Seaia
Campo: Municipal de Vimianzo
Castrelo: Josiño, Gustavo, Marcos, Luis, Raúl, Steven, Chapu, Suso (Fernando m.78), Roi, Elvis e Añón
Sporting Seaia: Jesús, Carracedo, Javi, Jorge Parga, Diego Varela, Sergio, Dani, Elvis, Sergio Carracedo, Adrián Parga e Jose (Pablo Rama m.46)
Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Expulsou a Marcos (m.90) do Castrelo). Amonestou a Elvis, Roget, Gustavo, Roi, Dany Añón e Fernando do Castrelo; Dani, Iván, Suso e Elvis do Seaia
Goles: 1-0 m.50 Diego, en propia meta; 1-1 m.73 Carracedo; 1-2 m.77 Sergio
Remontada do Seaia
Con todo a favor durante setenta minutos, o Castrelo quedou fóra da Copa da Costa, ao caer fronte a un Seaia que medrou paulatinamente ata voltear o marcador. Diego, en propia meta despois do saque dunha falta, parecía sentenciar o cruce xa no segundo acto. Pero dúas accións boas colectivas dos malpicáns fixeron saltar a sorpresa.
Dumbría 3-1 Sofán
Campo: O Conco
Dumbría: Baña, Jose (Isma m.68), Aaron, Conde, Raul, Marcos Mouro, Juan de Dora, Manu Nogueira (David Carreira m.56), Charly (Martín m.77), Diego Cespón e Javi(Alcaina m.46)
Sofán: David, Iván Rey, Javi Souto (Álex Varela m.56), Rubén, Sito, Pablo Martínez, Felipe, Seo, Alex Pri (Martín m.71), Javi Doldán (Raúl Insua m.77) e Adrián
Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Amonestou a Raúl; Javi Doldán e Adrián do Sofán
Goles: 0-1 m.12 Álex Pri; 1-1 m.17 Manu Nogueira; 2-1 m.65 Charly; 3-1 m.89 Diego Cespón, de penalti
Caer coma un grande
Quedou a un gol no global da eliminatoria un Dumbría que parecía ter tirado tódalas súas opcións na visita a Sofán. Pero a despedida foi máis que digna. A pesares do madrugador tanto de Álex Pri os locais non afundiron. Un penalti detido por David foi a antesala do bo gol do exdeportivista Manu Nogueira. O tanto ergueu ao Dumbría, que converteu ao meta local no mellor do encontro. Tivo que ser unha obra mestra de Charly, mediada a reanudación, o que certificara no marcador o dominio no xogo. Sen tempo para seguir, Diego Cespón puxo o terceiro e fixo que os dumbrieses abandoasen a Copa con moita decencia.
Esteirana 1-1 Xallas
Campo: José Luis Vara
Esteirana: Álex (Roberto m.46), Codesido, Tobío, Rafa, Eloy (Brais m.46, Adrián, Martín (Suizo m.46), Pablo, Jaime, Manuel (Carlos m.55) e Pose (Iker m.55)
Xallas: Fabio (Coke m.52), Cristian, Pablo Novo, Fuentes, Rachón, Canedo, Jesús (Albertito m.55), Camilo (Doro m.46), Kevin, Anxo (Anxo Veiga m.55) e Fernando
Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña).
Goles: 0-1 m.30 Jesús; 1-1 m.65 Jaime
Oportunidade para desconectar
Despois de toda a presión que está a vivir o Xallas na súa loita pola permanencia en Preferente, e da goleada que traía xa da ida, os combeses tomaron a cita de Esteiro como unha opción para darlle minutos aos menos habituais e facer debutar a canteiráns. Algo parecido sucedeu nos locais, que competiron moi positivamente e que no segundo acto se deron varias alegrías ofensivas.
Castriz 4-0 Nantón
Campo: San Pedro
Castriz: Añón, Iván, Sergio, Alejandro, Diego Maneiro, Martín (Elías m.76), Fabián (Adrián m.57), Jose (Martín Bardanca m.57), David Agra, Álex Flores (Richard m.70) e Darío Capelo
Nantón: Sergio, Lareu, Micael, Pablo, Dani (Raúl m.80), Carlos Vidal, Fabio, Redondo, Valentín, Martín e Alberto
Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Añón e Darío do Castriz; Martín e Carlos Vidal do Nantón
Goles: 1-0 m.11 Álex Flores; 2-0 m.15 Iván; 3-0 m.51 Darío Capelo; 4-0 m.67 Adrián
Mata contra os ponis
Enfrontouse de novo Mata, técnico do Castriz, a un Nantón onde é ben querido e co que acostumaba a facer bos papeis na Copa. Non houbo emoción máis alá do cuarto de hora, cando Álex Flores e Iván deixaban tanto a eliminatoria como o partido sentenciados. Os visitantes, demasiado cansados, dosificaron para competir a bo nivel.
Corcubión 1-2 Muxía
Campo: Cubaleiro
Corcubión: Jesús, Adri (Toja m.46), Pablo, Marco Castreje (Edu m.57), Xabi, Alán, Sebas (Beto m.71), Mario Suárez (Gorka m.57), Samu (Rama m.46), Tito e Lema
Muxía: Jose, Juan, Noé, Martín, Pataca (Adrián m.60), José Manuel, Pereira, Caamaño (Diego m.60), Samuel, Cristian e Denis
Árbitro: De Veiga Domínguez (A Coruña). Amobnestou a Marco Castreje do Corcubión; Denis e Pereira do Muxía
Goles: 0-1 m.56 Pataca; 1-1 m.58 Tito; 1-2 m.72 Adrián Negro
O peixe estaba vendido
Tiña a eliminatoria solventada o Corcubión co 0-4 da ida, pero na derrota parcial co Muxía quedou de novo patente que non atravesa o seu mellor momento. Despois dunha frouxa primeira metade o golazo de Pataca despertou o choque. Igualou Tito, pero a verticalidade de Adrián valeu para selar o triunfo muxián e confirmar o cambio de tendencia de ambos equipos.


