Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Esteirana e Fisterra asinan a final esperada

Esteirana-Castriz da Copa
Imaxe do Esteirana-Castriz.Foto: Adriana Fdez.
Copa da Costa: Esteirana e Fisterra asinan a final esperada

Non houbo sorpresas. Esteirana e Fisterra cumpliron os pronósticos e se meteron na final da Copa da Costa 2022. E iso que a cousa non foi doada para ningún dos dous en sendas semifinais dirimidas en dous míticos estados como o Xosé Luís Vara e Arliña, cun ambientazo fermoso de auténtico sabor a Fútbol da Costa.

En Esteiro, o Castriz pelexou cara a cara durante o primeiro tempo, demostrando ser un dos mellores equipos da liga dende xaneiro, pero acabou sucumbindo á pegada blaugrana.

En Arliña, o Muxía metíase por diante, pero aparecía a figura de Adrián Makaay que con 3 goles en 15 minutos lle daba a volta á eliminatoria e metía aos fisterráns noutra final, lembrando a que vencían hai 5 anos en Cee.

Esteirana - Castriz (3-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Samu, Damián, Dani París, Adrián Louro, Brais Rod., Adrián Abelleira, Raúl, Oliver e Elías. Tamén: Javi, Pablo Rama, Pachi, Tobío e Farinós.
  • Castriz: Puyol, Fabián, Alex Mourelle, Saul Proupín, Adrián, Alberto Mata, Iván Facal, Pastoriza, Noli e Braulio. Tamén: Kevin, Samuel, Guillín, Martín Gemelo e Joser.
  • Goles: 1-0, m.24: Elías; 2-0, m.38: Elías; 3-0, m.80: Raúl.
Esteirana recibindo a copa da liga da costa
O choque comezaba co capi da Esteirana, Simón, recibindo a Copa de campión da Liga da Costa

Partido moi intenso, máis igualado do que sinala o marcador, cun cadro xalleiro que comezou pelexando cara a cara contra os esteiráns. De feito, a primeira gran ocasión sería para os de Miguel Chouza, pero o longueiro repelía un fermoso zarpazo de Adrián. Pouco tempo pasou para o 1-0, que facía de Elías á saída dun córner.

Seguía intentándoo o Castriz, entrando por banda, e tivo o empate, pero MJ demostrou porque é o Alex Pombo da Costa e paroulle un penalti (que sufría Iván Pastoriza) a Adrián García.

Aínda quedaba tempo do primeiro tempo para que os visitantes protestaran un gol anulado a Noli tras unha peiteada de Braulio por fóra de xogo. E outra vez, na xogada seguinte, e novamente á saida un córner, Elías establecería o 2-0 co que acabaria o 1º tempo.

Máis tensa estivo a segunda, cun cadro de Geno moi firme, moito xogo no medio campo, e algunha internada do Castriz por banda que non tivo sorte. Contra o final, Raúl que sentènciaria definitivamente o partido.

Semifinal da Copa da Costa en Esteiro
Ambientazo no Xosé Luis Vara

Muxía - Fisterra (1-3)

  • Muxía: Joselu, Gusa, Congui, Michael, Maikel Mouzo; Victor Alcaina, Julián Busto, Edu Castreje, Mauro Romaní, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Hugo, Peski, David, Xan Nogueira e Abel.
  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Cea, Aarón Fdez., Lobelos, Aarón López, Estévez, Cespón, Julián, Víctor Casais e Adrián Makaay. Tamén: Colombia e Breixo.
  • Goles: 1-0, m.69: Fran Moreira de penalti; 1-1, m.77: Adrián Makaay; 1-2, m.79: Adrián Makaay; 1-3, m.85: Adrián Makaay.

Muxia-Fisterra da Copa

Nunca tanta xente en Arliña para ver este choque, un partido doutra categoría, con moitos nervios pero tamén moita intensidade. Os de Diego Lobelos fixeron un esforzo grandisimo na primeira parte e o partido de foi igualado, con poucas ocasions claras. Os de Juan Porrúa chegaban con apenas 13 xogadores e aguantaron as embestidas iniciais duns locais envalentonados coa súa afección. O último cuarto de hora, o Fisterra foise facendo co partido e tivo varias ocasións como un balón ao pau e un ao longueiro.

Saíu o Fisterra máis potente na segunda creando ocasións, de xogada e a balón parado..., pero nunha boa internada aproveitando un erro no despexe acabaría en penalti (pediran outro os muxiáns 5 minutos antes). Fran Moreira non fallaba.

Colocábase o Muxía por diante pero aínda quedaban 20 minutos. Entraba Breixo no campo e o Fisterra tivo máis presencia por arriba, sobre todo con balóns longos de balón parado. Pero o que aparecía era o capitán da nave fisterrá, Adrián Makaay, que cazou 3 goles para darlle a volta ao marcador en apenas 7 minutos.

Enorme o mérito deste Muxía, pechando así unha temporada histórica que queda sen premio, pero que deixa unha serie de 17 vitorias consecutivas que quedará para a lembranza. E mérito tamén o deste Fisterra, que a pesar do curto plantel segue dando a cara e pasando rondas.

Comentarios