Venres. 19.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: O San Lorenzo elimina ao Soneira

Sandelo e Pablo Garrido no San Lorenzo - Soneira. Foto: www.diariodeportivo.gal
Sandelo e Pablo Garrido no San Lorenzo - Soneira. Foto: www.diariodeportivo.gal
Copa da Costa: O San Lorenzo elimina ao Soneira

Faltaba un dos partidos da rolda previa desta LVI Copa da Costa por xogar e ese non era outro que o que enfrontaba ao San Lorenzo e ao Soneira, nunha eliminatoria que decidirían Fuentefría e David Lorenzo a prol dos verdilleses.

SD San Lorenzo 2 – 0 Soneira SD

SD San Lorenzo: Rubén, Luciano, Kuki, Diego (Yago m.70), Jose (Mario m.68)(Álex Fernández m.90), Fuentefría (Styven m.90), Brais, Ures (David Lorenzo m.77), Pablo Garrido, Juanjo e Pablo Díaz.

Soneira SD: Javi Souto, De La Sierra (Mayor m.57), Aarón, Chapela (Basti m.68), Sandelo, Pose, Alemán (Darío m.71), Taibo, Pichi, Luis e Agra.

Goles: 1-0 m.35: Fuentefría; 2-0 m.90: David Lorenzo.

O partido comezou co Soneira tratando de facerse co control do partido a través da posesión do balón e co paso dos minutos, os homes de Pedro Gómez iríanse achegando á portería verdillesa pero Rubén en varias ocasións, o longueiro e a falta de acerto dos vimianceses faría que o marcador non se movese ata o minuto 35, momento no que Fuentefría convertía en gol a súa primeira oportunidade.

No segundo acto, o Soneira buscaría o empate pero non lograría ver portería, todo o contrario que un San Lorenzo que no minuto 90, faría o definitivo 2-0 por medio de David Lorenzo, o cal certificaría o pase dos verdilleses para os dezaseisavos de final desta LVI Copa da Costa, nos que se enfrontará ao Fisterra nas Pedreiras.

Comentarios