Luns. 07.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: Sen sorpresas

UD Corcubión - CD Baio
UD Corcubión - CD Baio
Copa da Costa: Sen sorpresas

A falta do encontro correspondente á previa que enfrontará ao San Lorenzo e ao Soneira, o vindeiro 1 de maio, nestes primeiros partidos da LVI edición da Copa da Costa, os equipos considerados como favoritos fixeron valer a súa condición nos seus enfrontamentos e lograron contundentes vitorias para clasificarse para os dezaseisavos de final da competición copeira.

UD Corcubión 1 – 8 CD Baio

  • UD Corcubión: Marcos, Mario, Brais (Oca m.61), Ángel, Álex Castro, Chiru, Alan (Martín m.53), Evaristo, Álex Agulleiro (Roi m.57), Pablo, Rodri (Diego m.64).
  • CD Baio: Dani Varela (Julián m.46), Guau, Norberto, MC, Bieito, Moreno (Raúl m.64), Rubio (Iván Rojo m.46), Peke, Santi Díaz (Josiño m.46), Yago, Sergio (Álex Figueiras m.57).
  • Goles: 0-1 m.11: MC; 0-2 m.27: MC; 0-3 m.35: MC; 1-3 m.39: Álex Agulleiro; 1-4 m.57: Yago; 1-5 m.64: Raúl; 1-6 m.73: Álex Figueiras; 1-7 m.84: MC; 1-8 m.87: MC.

O Baio fixo valer a súa condición de favorito e non deu pé á sorpresa en ningún momento, xa que os visitantes mostraron unha gran superioridade en todo momento.

En tan só 35 minutos de partido, os baieses xa gañaban por tres goles de diferenza despois de que o seu home gol fixese un hattrick neste tramo inicial do encontro.

Antes do descanso, Álex Agulleiro faría o 1-3 co que ambos conxuntos poñerían rumbo aos vestiarios.

Na segunda metade, o dominio do Baio iría a máis e Yago, Raúl, Álex Figueiras e MC en dúas ocasións, aumentarían a vantaxe dos seus ata o definitivo 1-8, que deixa ás claras o que pasou no Novo Cubaleiro.

Corcubion - Baio

As Baleas FS 0 – 3 CF Dumbría

  • As Baleas FS: Carlos Cousillas, Casachoa (Cristian m.85), Dani, Chapu, Juan Lado (José m.46), Nico, Bieito (Lucas m.75), Diego, Nené (Ismael m.28), Carlos González e Jesús.
  • CF Dumbría: Jorge, Matías (Eloy m.65), Marcos Mouro, Marcote, Cespón (Iago m.46), Xacobe, Yuyo, Alberto (Gusa m.18), David, Charly (Rivi m.46) e Xabi.
  • Goles: 0-1 m.60: Marcote; 0-2 m.74: en propia porta; 0-3 m.86: Xabi.

As malas condicións climatolóxicas marcaron os partidos na Costa da Morte e iso non foi diferente nun Hermanas Patiño no que tanto o vento como a choiva dificultaron o fútbol de ambos conxuntos.

Ao Dumbría custoulle entrar no encontro ante un As Baleas que aguantou o resultado inicial ata o tempo de lecer, despois de que os dumbrieses só lograsen achegarse á portería laranxa en xogadas a balón parado ou tiros illados dende fóra da área.

Pero foi na segunda metade cando coa entrada de Rivi e Iago ao terreo de xogo, os visitantes se enchufaron nun partido no que se adiantarían por medio de Marcote, despois de que o dianteiro fisterrán do Dumbría aproveitase un pase do propio Iago.

Tras isto, as cousas foron moito máis fácil para os homes de Julián Ferreiro e logo disto, nun centro de Iago que intentaría despexar un defensa que acabaría metendo na súa propia porta.

Xa nos minutos finais, unha xogada de Marcote por banda esquerda daría orixe ao definitivo 0-3, despois de que Xabi non desaproveitase o pase da morte, e pechase a vitoria que lle daba o pase á seguinte rolda.

Mazaricos CF 5 – 0 Lira CF

  • Mazaricos CF: Miguel (José m.56), Amoedo, Ricardo (Raúl m.66), Piki (Carreira m.46), Estéfano, Thiago, Roberto, Pereiro (Borja m.61), Yago Dosil, Pose e Martín.
  • Lira CF: Baitir, Óscar, Porto, Manu, Josiño, Borja Santos (Cristian Caamaño m.56), Mamadou, Demetrio, Borja Bouzón, Raúl, Toni (Óliver m.56).
  • Goles: 1-0 m.3: Ricardo; 2-0 m.36: Óscar en propia porta; 3-0 m.39: Martín; 4-0 m.48: Ricardo; 5-0 m.65: Estéfano.

Ao igual que no resto de encontros da xornada, o vento e a choiva non cesou en ningún momento no Peña do Ouro. Asegura o Lira que o Mazaricos non quixo aprazar o choque. Na primeira metade, o Mazaricos xogaría a favor de aire e iso fixo que os amarelos levasen o peso do partido ante un Lira ao que lle custaba e moito saír do seu campo, en gran parte por mor do forte aire.

Moi cedo se lle poñerían favorable as cousas a un Mazaricos que lograría adiantarse aos tres minutos á saída dun córner por medio de Ricardo. Este gol non cambaría nada e Óscar en propia porta e Martín, aumentarían a vantaxe dos locais para poñer no marcador o 3-0 co que ambos conxuntos poñerían rumbo aos vestiarios.

Nos minutos iniciais da reanudación, Ricardo faría o 4-0, gol tralo cal os visitantes xa se deixarían ir.

Mediada esta segunda parte, Estéfano sería o encargado de facer o definitivo 5-0.

SD San Lorenzo – Soneira SD (Aprazado)

O cuarto enfrontamento desta previa da LVI Copa da Costa que tiña que enfrontar esta tarde ao San Lorenzo e ao Soneira SD, xogarase o vindeiro mércores 1 de maio, despois de que ambos conxuntos chegasen a un acordo para xogalo nesa data.

Comentarios