Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: xa temos semifinais

Copa da Costa: xa temos semifinais
E serán o Sofán - Soneira e o Xallas - Esteirana, unhas semifinais ben representativas do que é a Costa, con dous equipos de Preferente, un de 1ª Galicia e o campión da Liga da Costa. Temos emoción asegurada. FOTO LUIS GONZÁLEZ Os dous equipos que se clasificaron esta tarde foron o Sofán e a Esteirana. Ambos traían vantaxe dos encontros de ida e certificaron o pase na volta, non sen problemas o Sofán, que xogou unha hora con dez homes ante un bo Corme, e máis claramente a Esteirana, que sentenciou rápidamente a eliminatoria e despois administrou a vantaxe ante un Mazaricos máis centrado no encontro de mañá en Esclavitude. No Carral, a pesar do 0-3 da ida, houbo chicha. O Corme xogou ó ataque, como fai sempre, adiantouse cun tanto de Alejo ós sete minutos, e aínda que Quintela igualou o marcador, a expulsión de Sera fixo que os cormeláns tiveran o dominio do encontro, ante un Sofán xogando co marcador da ida. Quizais lle faltou algo de fuelle ó Corme para poder atacar con máis intensidade na segunda parte e buscar a machada. SD SOFAN 1 - CORME CF 1 SD SOFAN: David Pena, Sera, Juanjo, Rubén, Pablo, Canedo, Eibe, Luis, Alexandre, Quintela e Raúl. Tamén xogaron Iván Rey, Jonathan, Juan de Dora e Fabián. CORME CF: Susiño, Javi Peón, Dani Cousillas, Pandi, Jesús, Sueiro, Doldán, Lucas, Alejandro, Alejo e Toniño. Tamén xogaron Samu Costa, Brais Torrado, Diego, Isaac e Angel. GOLES: 0-1 7´Alejo   1-1 25´Quintela FOTO LUIS GONZÁLEZ MAZARICOS CF 1 - SD ESTEIRANA 4 MAZARICOS: Angel, Danís, Carreira, David, Ricardo, Manuel Luis, Molinos, Raúl, Orlando, Cacho, Pereiro. Tamén xogaron Estéfano, Toni, Sueiro e Iago. ESTEIRANA: Roberto, Simón, Code, Tobío, Dani Rama, Josiño Alves, Josiño Barreiro, Alex, Adrián, Pladur, Pablo Rama. Tamén xogaron Campos, Brais, Cristian e Samuel. GOLES: 0-1 3´Pladur   0-2 11´Pladur   1-2 30´Molinos   1-3 69´Alex   1-4 89´Josiño Barreiro  

Comentarios