Luns. 09.09.2024
El tiempo

Copa da Costa Xuvenil: Sen sorpresas

Copa da Costa Xuvenil: Sen sorpresas
Oscar Mingui no Cabana-Xallas da Copa-Foto-Cabana Oscar Mingui dirixe ao seu Cabana ante o Xallas -Foto-Cabana A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Quedaran as eliminatorias moi enfiladas na ida dos Cuartos e esta volta non trouxo sorpresas. Cómpre, iso si, lamentar un final de partido demasiado quente en Louro, xa ca eliminatoria sentenciada... En todo caso, Fisterra-Xallas e Camariñas-Ponteceso serán as semis da Copa da Costa Xuvenil 2016. Sabedes que os resultados os tedes nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com.  

Volta dos Cuartos da Copa da Costa Xuvenil

 

Fisterra* - Os Miúdos (4-1)

  • Fisterra: Aarón, César, Andrés, Fabián, Papin, Juanfran( Asier), Anchoa, Breixo, Dani, Pichino, Xose (Gonzalo)
  • Os Miúdos: Xandre, Lice, Alberto, Yeray (Alex), Gael, Jose, Raúl, Pesky, Airán (Manuel), Xavi e Sieira.
  • Goles: 0-1, m.15: Sieira; 1-1, m.20: Xose remataba na área pequena un bo centro lateral de Papin; 2-1, m.55: Breixo; 3-1, m.75: Pichino; 4-1, m.80: Gonzalo.
  • Expulsións: o fisterrán Breixo e os muradáns Pesky e Álex.
Con lamentable final Partia o Fisterra con 2 goles de ventaxa da ida, polo que o cadro muradán, aínda con esperanzas, saía a por todas. Adiantaríanse os muradáns pero o Fisterra anulaba a renda pronto. Estaba fermoso o partido, de área a área con ocasións para os dous equipos pero sen mover o marcador. A saída do descanso o Fisterra aumentou a intensidade, marcou pronto, e xa coa eliminatoria sentenciada, chegou o que ninguén quería: unha tangana. Insultos, entradas fortes, cobadazos, agresións… Un xogador fisterrán e dous muradáns eran expulsados antes de que o Fisterra marcase os dous últimos tantos.  

Xallas* - Cabana (3-1)

  • Xallas: Alex (Ángel), Raúl, Xoel, Pablo, Rubén, Alberto, Juanjo (Óscar), Carlos (Thiago), Anxo (Santi), Sergio e Rachón.
  • Cabana: Darío (Diego), Martín, Mateo, Ferreiro, Reigía (López), Julián, Álex (Aurelio), David Muíño, Nando, Santi e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.36: Sergio Barbeira; 1-1, m.53: Julián de forte disparo dende a frontal; 2-1, m.69: Anxo nunha contra dende a frontal; 3-1, m.79: Santi Díaz nun despiste.
Dous penaltis fallados Partido disputado no Campo de San Pedro de Castriz a unha hora inusual 15:30 nun campo con moita agua. Tralo 1-5 da ida nas Redondas (algo enganoso pois os xalleiros sentenciaron na parte final), o choque de volta foi moi igualado, e os cabaneses deron a cara en todo momento e mesmo disputaron a vitoria ata o treiro final. Co 2-1 no marcador, e ao igual que ocurrira no partido de ida, os cabaneses marraron un penalti que puido ser o empate a 2, pero Álex volveulle gañar a partida a Pablo. Pero non acertaron outra pena máxima e sufriron as consecuencias. Foi un choque con ocasións por ambos lados durante todo o partido, e non houbo máis goles polas boas actuacións dos 4 porteiros participantes no encontro. Con este vídeo, Rosa García despide a tempada cabanesa: [fbvideo link="https://www.facebook.com/rosa.garcia.5602728/videos/1041043459295880/" width="660" height="500" onlyvideo="1"]  

Montelouro - Camariñas* (1-1)

Montelouro e Camarinas no Agra da Filgueira-Foto-Camarinas Montelouro e Camariñas no Agra da Filgueira-Foto-Camariñas
  • Montelouro: Joaquín, (Xaco, m.60), Sergio, Borja, Bouzas, Adricc, Aarón (Javi, m.75), Xanma, Alexis, Fran, Juan de Celia e Adrián.
  • Goles: 0-1, m.30: Brais; 1-1, m.55: Fran;
Xustos vencedores Partido igualado que viña marcado polo 4-2 da ida que daba certa vantaxe aos camariñáns. Foron xustos vencedores os de Javi Baña, nun choque igualado, pero no que tiveron mellores ocasiós. Os loureáns, moi xustiños de efectivos pola gripe e, xa, problemas laborais, pelexaron ata o final rematando así unha temporada, a súa primeira, de 10. Xogador do Camarinas en Louro-Foto-Camarinas Xogador do Camariñas en Louro-Foto-Camarinas  

Cee - Ponteceso* (1-3)

  • Cee: Paulo, Adrián (Lagoa. m.63), Senlle, Alex Agulleiro, Tivi (Toño, m.58), Castillo (Alex Castro, m.65), Hugo, Pablo (Samuel Filgueiras, m.46), Isma, Chiqui (Samuel Trillo, m.46) e Xabi.
  • Ponteceso: Damián, Adrián, Minichema, Jorge (Fandiño), Villar, Luca, Ismail, Cacha (Loureiro), Eloy, Aday, Jose Ángel (Feliciano).
  • Goles: 1-0, m.19: Xabi; 1-1, m.35: José Ángel a pase de Eloy; 1-2, m.60: José Ángel de volea a centro de Eloy tras un roubo e pase de Ismail; 1-3, m.83: José Ángel en xogada persoal.
Non chegou a remontada utópica Devolveu o Ponteceso a moeda. Se o cadro ceense estará na Fase de Ascenso á Liga Xuvenil, os pontecesáns disputarán as semifinais de Copa. Esta volta viña marcada polo 5-0 da ida, pero así e todo o Cee saíu a por todas dende o comezo, presionando moi arriba. Marcou Xavi e puideron caer un par de goles máis tras unha primeira media hora boísima dos de Rafa. Por momentos parecía á parroquia ceense que a remontada podería non ser unha utopía. Pero na primeira chegada visitante, Cacha daba conta da súa calidade arrincando dende o medio campo, levando a cantos lle saían ao paso, cedía para Eloy que centra e marca José Ángel. O gol sentoulles ben aos de Fernando, que tomaron o mando do partido, mentres o Cee desaparecía. A segunda metade foi de trámite, completando José Ángel o seu triplete, pero a depotividade reinou en todo momento..  

Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Fonte

Comentarios