xoves. 01.05.2025
El tiempo

Copadacosta.com xa recolle todos os cadros copeiros

Copadacosta.com xa recolle todos os cadros copeiros
CopadaCosta com

Non dimos chegado a tempo para esta incómoda volta dos Dezaseisavos de final. Pero a partir de xa tendes os cadros copeiros en www.copadacosta.com.

Non só o cadro da #CopadaCosta, nesta plataforma traeremos todos os resultados das competicións en formato copeiro, como son as Copas Xuvenil (xa en marcha), Cadete, Infantil e de Veteranos (aínda sen formalizar), así como todas as Fases de Ascenso (tamén por dilucidar).

Unha páxina que completa a nosa aposta polo Fútbol da Costa, co completo seguemento nas nosas crónicas no diario, e ca plataforma de todas as táboas de resultados e clasificacións das competicións ligueiras www.futboldacosta.com.

E por certo, se tes un negocio, e estás interesado en patrocinar a Copa da Costa en QPC, ponte en contacto con nós no 637 704 893.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios