Venres. 19.04.2024
El tiempo

Crónica dunha diversa finde no #FútboldaCosta

Sofan Campion xuvenil
O Sofán proclamouse campión do seu grupo xivenil- Foto: SD
Crónica dunha diversa finde no #FútboldaCosta

Rematou a xornada, xa con segundas fase en xogo.

Fíxoo con bo sabor de boca na Preferente, para pechar a liga regular con, por fin, doble vitoria dos nosos. O Fisterra venceu no campo do pechacancelas e remata 4º, e o Xallas puido co Boimorto e 10º.

Na 1ª, con Baio e Mazaricos esperando pola fase de ascenso, o resto arrincaron con diversa sorte e moito empate a complicada fase de descenso.

Na Liga da Costa, no Grupo Sur, parece que ninguén quere meterse na fase de ascenso e nin Muros nin Camariñas eran quen de sumar, deixando todo para a úiltima xornada, á que chegará o cadro muradán cun punto máis e recibindo a un Lira, pechacancelas, no peor momento da tempada.

Polo Norte, non fallaron os de arriba e queda todo para a última xornada, co Cabana e Castriz con praza confirmada, pero San Lorenzo e Coristanco coa outra praza en xogo. Se vence o Coristanco nas Fontiñas, adiantará a un cadro de Verdillo ao que lle toca descansar.

Arrincou tamén a segunda fase na 3ª, sen demasiadas sorpresas.

Polo demais, un dos protagonistas da fin de semana foi o Sofán, que se proclamou campión do Grup Norte da 1ª Xuvenil. Co cadro carballés métese o Cabana, que ten o golaveraxe individual gañado co Xallas. No Sur, a Esteirana e Cee pasan.

No #FutFem, o Bergan pagou cara a primeira xornada da Fase de Ascenso á 1ª Nacional, mentres que na 2ª, o Cee non cede arriba nin co Xallas, e o Cerqueda pelexou coas líderes pero manteñen intactas as opcións.

Comentarios