Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dani Rama, maxisterio de fútbol en Esteiro

Dani Rama, maxisterio de fútbol en Esteiro
Sen dúbida é un dos homes máis carismáticos da Liga da Costa. Unha traxectoria impecable avala a Dani Rama, 38 anos dedicados ó deporte rei en corpo e alma. De corazón azul e grana, é unha referencia no Xosé Luis Vara, ese espello no que se miran os xóvenes, o faro que guía ó equipo nos momentos difíciles. E despois de tantos anos de fútbol, unha tempada insospeitada fai sumar unha nova Liga da Costa no seu palmarés, e quen sabe se unha Copa da Costa. De momento Dani no pode pillar vacacións. Ten que comandar ós talentosos rapaces esteiráns na batalla ante o Xallas en semifinais da nosa Copa. Quen sabe o que pode pasar¡ QPC - Vaia ano este, Dani. Soñabas cunha tempada así? A nosa foi a tempada soñada, insuperable en tódolos aspectos. Acadar o título de liga non entraba no obxetivo do clube a principio da tempada e conseguir o campeonato foi apoteósico, e agora chegar as semifinais de copa xa é un soño- QPC - Como explicas esta conxunción de astros que se está a dar na Esteirana este ano, no que vos sae todo ben? Sinceramente é moi difícil explicar o que se sinte co vivido nesta tempada e sobre todo porque non contaba con xogar. Chamáronme polas baixas que lle surxiron na defensa e decidín axudar ó equipo co obxetivo de non pasar apuros na temporada e as cousas foron saíndo ben e o final acadamos o título de campións casi sen contar ata as últimas xornadas, pero coa unión que temos de vestiario, afección e directiva pois todo resulta máis doado e sinceramente vendo este bo ambiente, coas familias involucradas domingo tras domingo pois non hai palabras que describan esta satisfacción. Hai que vivilo para saber o que se sinte. QPC - Cal é a clave dese sentimento esteirán que xera o club? Dende a base parece que hai un ADN especial nos nenos que visten a camiseta azul e grana? Pois como digo moitas veces é o xen de Esteiro, que se nace con él para ben e para mal. A Esteirana traballa as categorías base espectacularmente, dende prebenxamíns ata seniors e eso fai que forme un sentimento especial cara este club. Moitos xogadores da actual plantilla, chàmense Rober, Alex, Simón por nombrar algúns teñen innumerables oportunidades de xogar en categorías superiores pero non o fan polo sentimento que teñen coa Esteirana. QPC - Como se ve no vestiario a eliminatoria co Xallas? Pois sinceramente o màis normal será que pasen eles á final, xa que as categorías están por algo e o Xallas fixo unha tempada notable dende a chegada de Néstor. Pero por ilusión e ganas non nos van gañar xa que para nós é unha oportunidade única de facer unha tempada histórica. Tentaremos de chegar ó partido de volta cunha mínima posibilidade de ter a eliminatoria aberta pero vai ser moi complicado. QPC - Que opinas desta polémica que se levantou co tema de que os equipos de Preferente non deben xogar a Copa, e incluso xente que fala de que os de 1ª tampouco? A min paréceme perfecto que xoguen todos os equipos da costa pero para solventar ou minimizar as diferencias de categoría debería de xogarse con outro tipo de formato. Para min o ideal sería a partido único no campo do máis débil, coma no formato da copa inglesa por exemplo. FOTO CONCHY FREIRE QPC - En que pensas para o ano que ven? A Esteirana terá unha tempada esixente na difícil 1ª Galega. Ó ascender de categoría as esixencias son maiores, físicas, días de adestramentos, desprazamentos, como dixen antes eu estou de paso polas circunstancias de lesionados, estudios de xogadores polo que volvín xogar. A miña intención é a de retirarme ó acabar a tempada. O club sabe perfectamente o que ten facer no referente a fichaxes, adestramentos, para poder afrontar con garantías a próxima temporada. Vai ser unha tempada para disfrutar xa que é un premio polo conseguido este ano pero hai que intentar facelo o mellor posible QPC - Por que sae tanto talento no Xosé Luis Vara? Que lle dades de comer ós nenos? Porque se traballa moi ben dende a base, e cada vez mellor. Hai que ter en conta que na Esteirana se empeza dende a categoría de prebenxamíns, ano tras ano os equipos base funcionan a nivel non só de nen@s de Esteiro senón que de todo o concello de Muros. O traballo da base vese reflexada nos bos xogadores que se forman e parte fundamental de esto è da actual directiva que coidan os xogadores coma en poucos equipos nos que estiven. Xa que noutros equipos da zona esto non pasa, e decir, mamamos fútbol dende a cuna.

Comentarios