Un derbi para salvar, ou despedir, un campo

Este sábado 5 de abril, o campo do Areal de Razo acolle un derbi singular entre a peña Académico Carty e a Peña Galicia. Unha cita reivindicativa ademais, pois o campo corre perigo polo proxecto da Demarcación de Costas na zona, que provocaría a desaparición do campo ante a colocación de dúas pasarelas de madeira.
O goberno local xa trasladou en varias ocasións que se trata dunha “infraestrutura abocada á desaparición desde hai anos, e que tras a retirada do peche perimetral non podería usarse para competicións oficiais”, pero con todo xa amosaron tamén o compromiso de buscar unha alternativa para os equipos que o utilizan, á espera da construción dun novo campo, como está previsto no plan especial de Razo”.
En calqura caso, a desaparición do Areal despois de máis de 50 anos acollendo fútbol, será unha perda dolorosa para as familias do CD Razo e a Peña Galicia, que alí seguen desputando aínda os seus encontros. Dende a Peña Galicia piden ao Concello que “tome as medidas oportunas para que o campo do Arenal siga acollendo este tipo de partidos que sin duda son chamativos para a rapazada do noso concello”. “Razo non pode estar sen campo”, sinalan.