Martes. 23.04.2024
El tiempo

Este domingo, derbi muradán en #QPCtv

  • Última hora: O partido foi adiantado ás 16:30h. Conectaremos ás 16:00h.
  • Poderase ver directamente dende a nova plataforma www.qpctv.gal
Esteirana vs Muros_ QPCtv
Este domingo, derbi muradán en #QPCtv

Continúa a revolución televisiva do Fútbol da Costa, que esta fin de semana se traslada á territorio muradán. Concretamente ao Xosé Luís Vara, estadio que vivirá outra emisión en directo de #QPCtv co choque da 2ª Galicia Esteirana-Muros.

Desta volta, agradecemos a colaboración concreta de Almacenes Castillo, que patrocina este encontro.

Plataforma de pago

Este partido, pensando en que toda a comarca coñezades o formato de emisión de máxima calidade, volverá ser emitido en aberto, xa dende a nova plataforma qpctv.gal.

A partir da vindeira semana, poderedes sucribirvos en qpctv.gal a partir de 4 euros ao mes, tendo asegurando, polo menos, a cobertura en directo dun partido das 1ª, 2ª e 3ª Galicia da Costa cada semana, ademais doutros contidos.

Agardamos que confiedes na potencialidade de termos unha televisión propia na Costa da Morte e vos suscribades.

Gracias aos nosos colaboradores principais:

 

Ver o Mazaricos-Baio

Ver partido entre Corme e Soneira.

Máis novas sobre QPCtv

Comentarios