sábado. 07.06.2025
El tiempo

O Dumbría aspira gañar 5 Copas da Costa, polas 3 do Sofán e as 2 do Muxía

Porteno-Dumbria-11 do Porteno na Final da Copa da Costa de Arlina
Imaxe da final do ano pasado entre Dumbría e Porteño na Arliña
O Dumbría aspira gañar 5 Copas da Costa, polas 3 do Sofán e as 2 do Muxía

Fin de semana de intensa Copa da Costa, xa que ademais das dúas grandísimas finais sénior no San Paio de Refoxos, celébranse tamén as semifinais das Copas Xuvenil, Cadete e Infantil.

E os grandes protagonistas desta recta final de campaña son o Dumbría, o Sofán e o Muxía. O cadro dumbriés está colocado nas dúas finais sénior (masculina e feminina) pero tamén está nas 3 semifinais de base, o que sumado ao título e ascenso acadado polos sénior, o título de campión da Liga Infantil e o ascenso á Liga Galega Cadete, deixa unha campaña absolutamente histórica para a familia do Conco, pase o que pase esta fin de semana e a do 21 de xuño, cando se disputen as finais copeiras de base.

A doble gran Festa do San Paio de Refoxos

Protagonistas son tamén o Muxía e o Sofán. O club muxián, ademais de conseguir o ascenso á 2ª Div. Feminina, vén de colar aos seus dous equipos sénior na Festa do Fútbol da Costa que terá lugar esta tarde de domingo no San Paio de Refoxos. As de Isma Pose (o tamén xogador co cadro masculino non poderá xogar ao lesionarse no xeonllo outra vez durante as semis), buscarán estrear o palmarés das Corviñas ante un Dumbría que por agora só ten un subcampionato, o do ano pasado ante o Xallas.

Pola súa parte, os de Pataca buscarán o seu primeiro título copeiro da historia (o club só se meteu nunha final na campaña 65/66 e caeu ante o Xallas) ante un Dumbría que xa 5 títulos (o último o pasado conseguido precisamente en Arliña).

Mágoa para os afeccionados de Malpica e Oza que non poderán asistir ao San Paio de Refoxos porque coincide a finalísima en Pedra Queimada polo ascenso á Liga da Costa.

A base

Na base, se o Dumbría está nas 3 semifinais, tamén está o Sofán. Unhas semis que arrincan esta mesma tarde-noite de venres cunha doble sesión no Conco coa semi Copa Infantil (ás 18:45h precisamente ante o Sofán) e de seguido, ás 20:30h a Xuvenil, ante o Baio.

Tamén hoxe venres ás 19:30h o San Paio de Refoxos acolle a outra semi Infantil entre Cee e Coristanco.

O sábado, ás 18:00h nas Redondas, a outra xemi Xuvenil entre Cabana e Sofán.

E na mañá do domingo ás 11:00h, as semis de Cadetes entre Sofán e Outes e entre Dumbría e Esteirana.

Máis información

Comentarios