O Xallas, tamén Campionas da Copa da Costa!

Chegou o gran día. A nosa final da Champions. As rapazas, e as afeccións, de Xallas e Dumbría envorcáronse na IV Copa da Costa, sendo as xalleiras as que ratifican o dominio, este curso, de Santa Comba no Fútbol da Costa.
Perfecta a organización, como se podía esperar, do CF Muxía, facendo que Arliña, un dos míticos campos do noso Fútbol da Costa, acollese por primeira vez unha Final da Copa da Costa.
Moita igualdade entre as dúas afeccións, enchendo media bancada cada unha, e moita xente da volta, sobre todo local, noas bandas e na bancada natural.


Xallas - Dumbría (2-0)

- Xallas: Rosio, Alicia, Saskia, Carla, Andrea Otero, Noe Vimi, María, Andres Barbeira, Claudia Facal, Yasmina, Olalla. Tamén: Laura, Yaiza, Paula Gándara, Paula Barcia.

- Dumbría: Lissette, Noa, Sabela, Carril, Mai, Lara; Claudia, Paula Fandiño, Kelly, Michelle, María das Carisas e Eva Lema. Tamén: Paula Barcia , Reyes, Lucía, Yaiza, Yoli.
- Goles: 1-0, m.45: Yasmina; 2-0, m.56: Claudia Facal coa axuda de Mai.

Algo de vento en Arliña, como non podía ser doutro xeito. Os dous equipos comezaban con moito respecto, co Dumbría tendo o vendo a favor. Olalla protagonizaba as prieiras incursións do equipo de Rupper e Eloi García Feteira, sobre todo unha antes da pausa de hidratación. Eva Lema, reconvertida neste final de Liga en dianteira, a piques estivo de marcar, pero en fóra de xogo, e despois da pausa tivo que aparecer Rosío para pararlle un remate.
Os duelos no medio campo entre dous míticas como Noe Vimi e Paula Fandiño, e as internadas e regates de Olalla, do mellor do primeiro tempo.
O Xallas, a pesar de xogar contra vento, estivo máis tempo en campo contrario, e xa no desconto do primeiro tempo, un erro em defensa deixaba soa a Yasmina, que non fallaba ante Lissette para abrir o marcador.

Púñaselle a cousa de cara ao Xallas que afrontaba a segunda metade a favor de vento. E aos 10 minutos, despois dunha ocasión de Yasmina, Claudia Facal, que protagonizaba boas incursións pola banda esquerda, lanzaba un centro que peiteaba Mai e se colaba na meta de Lissete.
O Dumbría intentou apretar e tivo ocasións para recurtar. Unha falta, marca da casa, de Paula Fandiño, e o remate ao rexeite de María, un tiro dende 30 metros da ceense que petou no longueiro, e un man a man que desperdiciou María ante unha boa saída de Rosío, foron as mellores ocasións para recurtar das de Santi Lira, que vían como se lles marchaba o partido a pesar de ter merecido un goliño.
Con todo, xusta vitoria das xalleiras, que se alzan co seu primeiro título copeiro, despois de que as tres primeiras edicións foi o Bergantiños o campión.

Campionas da Costa! cantaba cunha grandísima enerxía a afección xalleira, mentres o Dumbría tamén celebrada cun sorriso o seu subcampionato.
