Elena Vázquez (14 anos), convocada coa Selección Galega de Fútbol Praia Sub19

Elena Vázquez cos premios de Mellor Defensa e Mellor Xogadora do curso na Gala do Fútbol da Costa QPC

Ten 14 anos (cumple 15 en outubro), pero a brava Elena Vázquez vén de ser convocada coa Selección Galega sub19 de Fútbol Praia.

Segue rompendo barreiras esta carballesa, que non quere deixar aos seus amigos de toda a vida do Bergan, mentres vai convocada coa Selección Española sub16, quedar subcampiona de España coa Irmandiña, ou é escollida Mellor Xogadora do ano no Fútbol da Costa.

O combinado exercitarase este mércores 6 de xullo a partir das 19 horas na praia de Sabón, en Arteixo, para preparar as citas do Campionato Estatal, que se celebrarán en Cádiz do 11 ao 14 de xullo. Esta é a convocatoria.

NOVAS RELACIONADAS