Elena Vázquez (14 anos), convocada coa Selección Galega de Fútbol Praia Sub19
15:58 07/07/22
Ten 14 anos (cumple 15 en outubro), pero a brava Elena Vázquez vén de ser convocada coa Selección Galega sub19 de Fútbol Praia.
Segue rompendo barreiras esta carballesa, que non quere deixar aos seus amigos de toda a vida do Bergan, mentres vai convocada coa Selección Española sub16, quedar subcampiona de España coa Irmandiña, ou é escollida Mellor Xogadora do ano no Fútbol da Costa.
O combinado exercitarase este mércores 6 de xullo a partir das 19 horas na praia de Sabón, en Arteixo, para preparar as citas do Campionato Estatal, que se celebrarán en Cádiz do 11 ao 14 de xullo. Esta é a convocatoria.
NOVAS RELACIONADAS
- A Gala de Malpica volveu unir o Fútbol da Costa.
- O Bergantiños arrasa co Noia e faise co segundo título da Copa da Costa Feminina.
- Elena Vázquez, subcampiona de España coa Selección Galega sub15.
- Elena Vázquez, encantada coa “experiencia chulísima” da Selección Española.
- Elena Vázquez: “O grupo de amigos que teño dende Biberóns no Bergan é o que me mantén aquí”.