Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Bergantiños arrasa co Noia e faise co segundo título da Copa da Costa Feminina

O Bergantiños arrasa co Noia e faise co segundo título da Copa da Costa Feminina

Non houbo sorpresas e o Bergantiños quedaba campión da II Copa da Costa 2022, na finalísima celebrada esta mañá de domingo 3 de xullo no campo xalleiro de Fontenla, cun fantástico ambiente.

Como comentaba Gueli na previa, o equipo foi si mesmo e superou con facilidade ao cadro invitado desta edición.

Bergantiños - Noia (9-1)

11 do Bergan na Copa ad Cosrta
11 do Bergan
  • Bergantiños: Jimena, Noe, Tati, Elena, Laura Caamaño, Laura, Sara Pita, Lara López, Bárbara, Zaida e Cruz. Tamén: Sara Barbeiro, Laura Torrado, Clara Rod., e Carla Pose e Ainoa.
  • Goles: 1-0, m.4: Lara López; 2-0, m.15: Cruz; 3-0, m.18: Cruz; 4-0, m.26: Noe; 5-0, m.40: Bárbara; 6-0, m.46: Cruz; 6-1, m.48: Sandra; 7-1, m.49: Zaida; 8-1, m.53: Cruz; 9-1, m.61: Lara López.
Beatriz Cuesta Arribas, árbitra da Liga Reto Iberdrola, dirixiu a final

Non houbo dúbidas. Dende o minuto 1 saíu enfuchado o cadro carballés, e xa aos 4 minutos Lara López abría o marcador. Comezou a aparecer Cruz, unha das 3 mellores dianteiras do curso na Costa, e en apenas 3 minutos deixaba sentenciada a Copa, e xa no descanso o Bergantiños gañaba 5-0. Non baixaron os brazos as xogadoras do Noia que competiron en todo momento, pero a diferencia de nivel quedou patente sobre o céspede da Fontenla e no marcador final (9-1).

Ambientazo en Fontenla

Novas relacionadas

Comentarios