Elena Vázquez, da Selección da Costa á Selección Española
A capitana da Selección da Costa, e Mellor Xogadora da Costa 2021/22 volve demostrar o seu potencial. A carballesa Elena Vázquez, nada en 2007, vén de ser convocada coa Selección Española Sub17 para disputar un amistoso contra Alemaña este xovees 12 de xaneiro ás 11:00h no Marbella Football Center.
A costeira xa está concentrada dende onte, repetindo a experiencia do pasado mes de abril coa vermella. De feito xa é a cuarta convocatoria ca selección española. A primeira foi ca sub 15 e as 3 últimas ca sub 17, a pesar de ter aínda 15 anos.
Vázquez formouse na canteira do Bergan, ata que o ano pasado fichou polo Orzán SD Xuvenil Feminino de 1ª División Galega, tendo xa tamén minutos, co Deportivo ABANCA B, líder da 1ª Nacional.
Orgullos@s están no RCDeportivo e no Bergantiños:
Novas relacionadas
- Xaneiro 22: Elena Vázquez, capitana da Selección da Costa.
- Xullo 22: Elena Vázquez, escollida Mellor Xogadora da Costa.
- Xuño 22: Elena Vázquez, subcampiona de España coa Selección Galega sub15.
- Abril 22: Elena Vázquez, encantada coa “experiencia chulísima” da Selección Española.
- Abril 22: ENTREVISTA: Elena Vázquez: “O grupo de amigos que teño dende Biberóns no Bergan é o que me mantén aquí”.