Elena Vázquez, da Selección da Costa á Selección Española

A capitana da Selección da Costa, e Mellor Xogadora da Costa 2021/22 volve demostrar o seu potencial. A carballesa Elena Vázquez, nada en 2007, vén de ser convocada coa Selección Española Sub17 para disputar un amistoso contra Alemaña este xovees 12 de xaneiro ás 11:00h no Marbella Football Center.
A costeira xa está concentrada dende onte, repetindo a experiencia do pasado mes de abril coa vermella. De feito xa é a cuarta convocatoria ca selección española. A primeira foi ca sub 15 e as 3 últimas ca sub 17, a pesar de ter aínda 15 anos.

Vázquez formouse na canteira do Bergan, ata que o ano pasado fichou polo Orzán SD Xuvenil Feminino de 1ª División Galega, tendo xa tamén minutos, co Deportivo ABANCA B, líder da 1ª Nacional.
Orgullos@s están no RCDeportivo e no Bergantiños:
#ANOSACANTEIRA | #ASNOSAS La deportivista Elena Vázquez, citada por la selección española sub-17 para un amistoso ante Alemania https://t.co/c10LOhQED4 pic.twitter.com/6F6GUWfWzM
— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 9, 2023
Elena Vázquez, convocada pola 🇪🇦 Selección Española Sub17 feminina!
— BERGANTIÑOS-E.F. LUIS CALVO SANZ (@BerganFC) January 9, 2023
Elena, que formou parte das nosas Escolas, #BaseBergan e feminino ata a pasada temporada, disputará o 12/01 o 1°amigable deste ano ante Alemaña.
A #FamiliaBergan estamos moi orgullos@s de ti Elena! ❤️💙 pic.twitter.com/hrTTNxGO60
Novas relacionadas
- Xaneiro 22: Elena Vázquez, capitana da Selección da Costa.
- Xullo 22: Elena Vázquez, escollida Mellor Xogadora da Costa.
- Xuño 22: Elena Vázquez, subcampiona de España coa Selección Galega sub15.
- Abril 22: Elena Vázquez, encantada coa “experiencia chulísima” da Selección Española.
- Abril 22: ENTREVISTA: Elena Vázquez: “O grupo de amigos que teño dende Biberóns no Bergan é o que me mantén aquí”.