Martes. 21.05.2019
El tiempo

Enamórate do Fútbol da Costa

O Eleuterio Balayo cheo para un derbi entre Muros e Volantes
O Eleuterio Balayo cheo para un derbi entre Muros e Volantes
Enamórate do Fútbol da Costa

Seguramente na actualidade o momento que vive o Fútbol da Costa é o de máis repercusión mediática a nivel informativo, grazas ao crecemento das redes sociais e dos medios dixitais, que lle dan unha cobertura diaria.

Pero todo esto falla cando nas bancadas non hai afeccionados. Sempre existe algunha excepción, loxicamente, e damos grazas que así sexa. Está claro que xa non podemos comparar con décadas pasadas a afluencia os campos. Agora hai moita máis diversidade en deportes e actividades culturais que implica poder elixir o que máis lle guste a cada un.

O que si temos claro que este deporte para a Costa da Morte é moi especial, un valor de patrimonio histórico como reafirman varios libros publicados sobre algún clube en particular ou historia de todas as ligas en xeral. E confiamos que isto non morra… pero ten síntomas de estar enfermo.

O principal síntoma é a desaparición de moitos clubs por mor de temas económicos aínda que o factor máis importante é o desgaste humano. A maioria de equipos conta con directivas moi curtas, ás veces sobre os estatutos hai moita xente escrita pero despois para traballar queda reducido a unha ou dúas persoas. Nos tempos que vivimos a ninguén lle gusta traballar gratis e menos para que se divirtan outros. Antes había unha xeración que si facía ese esforzo, que disfrutaba vendo que o seu pobo, ou incluso parroquia, saíra a competir e levar o seu nome por todos os campos da Costa. Pero esa xente estase retirando e detrás non hai ninguén.

No deporte afeccionado no que podemos ver os nosos amigos, familiares, parellas, compañeiros de traballo, etc… se somos asiduos e sentimos un escudo, a veces é ben mirar que podemos facer por eles, preguntar se necesitan axuda para seguir vivindo ese sentimento, porque cando entramos no campo e sentimos diversas sensacións, sempre dependendo do momento, tristeza, animo , paixón, loucura, amor, odio… as mellores sensacions que podemos vivir é gracias a eles.

Enamórate do Fútbol da Costa e non o deixes morrer.

Novas relacionadas

Máis artigos de Ángel Garrido

Comentarios