Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os equipos de Preferente recibirán hoxe instrucións da RFGF

Preferente Norte 2020-2021
Imaxe do teórico plan competicional desta Preferente Norte 2020-2021
Os equipos de Preferente recibirán hoxe instrucións da RFGF

Este mércores os equipos de Preferente teñen unha nova reunión, desta volta presencial, coa Real Federación Galega de Fútbol. A entidade quere escoitar a opinións dos clubs galegos nestes momentos de continua incerteza ante a evolución perigosa da pandemia.

Os equipos costeiros afrontan a reunión coas gañas de comezar, por fin a competición, sempre que poidan meter xente no campo e abrir as cantinas. “Non queremos arruinar os clubs”, explica o presidente da SD Sofán Ricardo Serrano, tamén conscienctes de que “por moitas gañas que teñamos de comezar, o primeiro son as medidas sanitarias”.

Os clubs agardan coñecer as novidades do protocolo da Xunta, sobre a cantidade de público que pode acceder aos campos, os protocolos para a apertura das cantinas, o uso dos vestiarios ou o uso da máscaras.

Comentarios