Venres. 02.12.2022
El tiempo

Espectacular carrusel para estrear a Terceira

IMG-20220925-WA0009
Imaxe do partido da Grixa. Foto: José Campaña
Espectacular carrusel para estrear a Terceira

Arrincancaba este domingo a Terceira da Costa cun divertidísimo carrusel, que vivimos en www.futboldacosta.com. Ata 40 goles en 7 partidos se marcaron na primeira xornada desta Terceira, que deixa dúas gordas goleadas ( a do Porteño ao Castrelo e do Buño ao Ameixenda) e fermosos choques con alternativas como o 3-4 do Malpica-Lira ou o 3-3 do Xallas B- Nantón. 

Na Preferente, segunda derrota do Fisterra, a pesar de comezar por diante, e primeira vitoria do Sofán, vencendo no Carral ao Pino. 

  Na Primeira, o máis destacado foi a vitoria do Xallas no Pino do Val, noutra derrota abultada dos amarelos. 3 de 3 levan os de Adrián Vázquez.  O Baio e a Esteirana sumaron a súa primeira vitoria, mentres que o Dumbría e o Soneira sufrían a súa primeira derrota.  

Vistosa xornada tamén na Liga da Costa, que deixa ao Outes como único equipo que suma dúas vitorias en dous partidos. Puido co Oza desta o equipo de Miguel Ramos. 4 empates e vitorias pola mínima dan conta da igualdade desta campaña. 

comentarios