Esteirana e Monte Louro salvan a categoría in extremis
- A campaña remata con 7 descensos.

16:32 22/06/23
Gran nova para as parroquias de Esteiro e Louro. A renuncia do Pino provoca unha reacción en cadea que cambia o fío dos arrastres. O Lalín ascende a Preferente o que libera unha praza na 1ª Galicia que corresponde á Esteirana.
Así, non haberá arrastre para o Monte Louro que fica na Liga da Costa.
Remata pois o curso con "Só" 7 descensos
- Fisterra (de Pref a 1ª)
- Baio e Mazaricos (de 1ª a 2ª)
- Volantes, Corcubión, Cerqueda e Oza (de 2ª a 3ª)