Luns. 14.10.2024
El tiempo

Estes son os clubs asambleístas do Fútbol da Costa para as Eleccións da RFGF

Asambleistas Coruna-Costa Eleccions RFGF
Estes son os clubs asambleístas do Fútbol da Costa para as Eleccións da RFGF

Queda menos para as eleccións á Asamblea Xeral da Real Federación Galega de Fútbol. E esta semana realizouse a primeira votación para escoller os clubs que serán asambleístas e que levarán a voz do fútbol coruñés e da Costa nese proceso.

Os equipos costeiros escollidos serán o U.C. Cee, Xallas F.C., S.D. Esteirana, Outes C.F. e E.D. Os Miúdos, ademais dos Bergantiños C.F. Os 6 clubs costeiros compartirán protagonismo con outros 14 herculinos, unha vez que sexan ratificados pola Xunta Electoral e que se incorpore o voto por correo e rematen os prazos establecidos para a presentación de alegacións.

As datas

  • O 31 de outubro coñeceranse de maneira oficial os asambleístas da RFGF para a novo ciclo 2022-2026.
  • Do 2 ó 8 de novembro será o prazo para a presentación de candidatos á presidencia.
  • O 5 de decembro os asambleístas elixidos serán os que decidan quen será o presidente da RFGF, con votación no caso de haber máis de un candidato.

Máis info en futgal.es.

Comentarios