Venres. 26.04.2024
El tiempo

A familia do Fisober volve competir un ano despois

Fisober amistoso meigas
Imaxe das costeiras no amigable desta pasada fin de semana
A familia do Fisober volve competir un ano despois

Foi un 8 de marzo cando o Fisober desputaba a súa última xornada. Pouco máis dun ano despois, volve á competición. Volve ademais co cadro completo, con 4 equipos que participan nas competicións autonómicas.

O senior feminino xoga o vindeiro sábado 27 a partires das 20 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao F.C. Meigas no partido da 1ª xornada da Preferente Galicia Feminina no seu subgrupo A, con Jorge Fernández Lojo coma colexiado asignado. Precisamente esta pasada fin de semana ambos conxuntos disputaban un amigable co resultado de empate a 1.

Faino despois de case un ano sen competir e sen apenas adestramentos como di o seu adestrador Dani Costa: “Ao non haber descensos, aproveitar a tempada para que sexa case unha pretempada longa, meter xogadoras de inferiores na dinámica do primeiro equipo e as do primeiro equipo recuperen sensacións. Pasalo ben sen presión”.

Na Liga Autonómica Cadete no seu grupo Norte o Fisober visita ao Viaxes Amarelle o vindeiro sábado 27 a partires das 16:50 horas no P. Sagrada Familia de A Coruña dentro tamén da primeira xornada, con Jose Manuel Juncal García coma colexiado asignado.

Na Liga Autonómica Infantil no seu grupo Norte C 1ª fase o Fisober visita ao Santiago Futsal o vindeiro sábado 27 a partires das 20 horas no P.M. de Fontiñas en Santiago de Compostela dentro tamén da primeira xornada, con Fernando Martínez Pose coma colexiado asignado.

Na Liga Autonómica Cadete no seu grupo Norte D 1ª fase o Fisober recibe nas I.D. de O Conco en Dumbría ao A.J. Pombo Hércules F.S. o vindeiro domingo 28 a partires das 18 horas dentro tamén da primeira xornada, con Rodrigo Varela Meijide coma colexiado asignado.

Comentarios