Venres. 19.04.2024
El tiempo

A familia do Sporting Zas falou de árbitros, falou de fútbol

Alberto Bana en Zas
Alberto Bana en Zas
A familia do Sporting Zas falou de árbitros, falou de fútbol

Esta semana volveu ter lugar no auditorio de Zas outra charla no marco do proxecto “Falemos de Fútbol”, para presentar as novas regras do xogo e a súa aplicación nos terreos de xogo, e para seguir facendo que os árbitros se acheguen aos clubs, para que estes os vexan como un deportista máis.

Unha charla artellada polo Sporting Zas para as súas categorías, coa colaboración da Real Federación Galega de Fútbol. Unhas 60 persoas, entre adestradores e xogadores de todas as categorías, socios, pais de xogadores e afeccionados non quixeron perder as explicacións do colexiado Alberto Baña, e o subdelegado arbitral de A Costa, Vítor Recarei, que estiveron acompañados polo Roberto Mouro, como presentante do Club, o Concelleiro José Brenlla.

Foi unha sesión moi interactiva, nunha demostración de que os xogadores moitas veces están errados, en temas como as mans...

A RFGF espera que outros clubs fagan a mesma iniciativa, e sinala que colaborará para levar a cabo charlas semellantes.

Así mesmo, o luns 30 de setembro toca, en Baio, sobre o F8, onde compite o Mazaricos feminino.

Charla sobre arbitraxe en Zas
Vítor Recarei, Roberto Mouro e Alberto Baña presentando a charla 

Novas relacionadas

Comentarios