Sábado. 04.05.2024
El tiempo

As familias toman o relevo na directiva do SD Ponteceso

Directiva do Ponteceso SD nos pasados anos
Imaxe da directiva do Ponteceso SD nestes últimos anos
As familias toman o relevo na directiva do SD Ponteceso

Miki Cousillas, o activo fundador da Asociación Abellariza, colle os mandos do SD Ponteceso. Era un segredo a voces que foi confirmado na asemblea celebrada onte, na que en presenza dunhas 30 persoas, os Álvaro, Alberto Recarey… deixan paso a unha nova directiva, chea de pais e nais de xogadores e xogadoras do club.

Cousillas, que ademais é pai de xogadores da canteira e adestrador na base; será o presidente, e estará acompañado por Barrié na vicepresidencia. Unha alegría ver que se manteñen os homes da casa.

Pablo Nogueira e Alfonso Romar (outros pais de xogador@s) serán Secretario e tesoureiro. Repite da directiva anterior Yolanda Vidal, que será unha das voceiras como as Eva Carril (capi do equipo feminino e entrenadora de base), Miriam Pose (nai e xogadora) e David Varela (outro pai).

Un perfecto exemplo de por onde pasa o fútbol modesto costeiro.

Novas relacionadas

Comentarios