Venres. 03.05.2024
El tiempo

O FC Nova Terra de Berna xuntouse en Buño 35 anos despois

FC NOSA TERRA DE BERNA 2023-Buno
Familia do FC Nova Terra de Berna neste 2023
O FC Nova Terra de Berna xuntouse en Buño 35 anos despois

Emotivo o xantar que se celebrou este pasado domingo no Restaurante Canta La Rana de Buño. 35 anos despois, unha marea de compañeiros e xogadores do FC Nosa Terra de Berna, ademais das familias, reuniuse para lembrar toda aquela historia.

Xentes retornadas pero tamén xentes aínda residentes no país helvético, como José Ramón de Baio, uníronse a esta cita inesquecible, onde puido abrazar a tantos amigos.

FC NOSA TERRA DE BERNA 1978
O equipo en 1978

Foi o activo Modesto Parga o que facía de presidente fundador daquel equipo aló polo 1978 e un dos mobilizadores desta xuntanza. Parga, que estaba escoltado por Salvador Vieites entre outros, fundara tamén a Liga do Emigrante en Suiza, na que participaran varios equipos de diferentes Cantones de Suiza, antes que pasaren á Federacion Suiza de Fútbol.

Un paso semellante ao que aconteceu aquí no fútbol costeiro co Fútbol Veteranos da Costa, xa que Parga tamén foi fundador e organizador durante antes ata o proceso de inserir as ligas na Federación hai apenas 3-4 anos.

FC NOSA TERRA DE BERNA Modesto Parga e Salvador Vieites
Salvador Vieites e Modesto Parga durante o xantar
FC NOSA TERRA DE BERNA xantar 2023
Xantar

Comentarios