A Federación trouxo unha interesante charla formativa á Casa da Cultura de Vimianzo

Interesantísima a sesión formativa que o Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galea de Fútbol trouxo a Vimianzo este pasado luns 11 de abril no marco do seu programa ADN Futgal.
Un cento de adestradores da comarca e outras partes da provincia xuntábanse escoitar as charlas do coristanqués Juanjo Vila (adestrador UEFA Pro e analista), así como de Alberto Rodríguez (adestrador da SD Sofán) e Jose Luis Lemos (técnico do Bergantiños CF).
Vila pasa por ser un dos mellores analistas do fútbol europeo, formando parte de staff técnicos de clubs como o RC Deportivo, Valencia, Spartak de Moscú, RCD Mallorca, Middlesbrough, Nottingham Forest ou Birmingham City. O costeiro levou a súa ponencia "Fundamentos e principios defensivos no Fútbol Base”, poñendo no foco a actitude de cada xogador.
O adestrador herculino do SD Sofán, xa formador na propia Escola Galega de Adestradores a pesar de ter tan só 33 anos, expuxo o seu traballo sobre “Creación e organización interna dun corpo técnico: xerar unha forma de traballo”.
Pola súa banda, Lemos afondou sobre "Como crear un modelo de xogo”.


