FF: Un empate por exceso de relaxación e outro por falta de puntería
06:23 20/11/18
Celebrando un dos goles das Miúdas ante o Santiso-Foto-Chema Caamaño
Sendos empates colleitaron as nosas xogadoras, pero por diferentes razóns. Reparto de puntos na visita das Miúdas o campo da Lanzada nun partido con altibaixos no que as de Muros pagaron cara a súa apatía despois do primeiro gol e casi lle costa a derrota.
Pola contra, o Bergantiños non tivo sorte o pasado domingo. Poucas veces veranse partidos nos que un equipo teña tantas ocasións de gol e lévese só un punto dun campo moi complicado, e contra un bo rival e coas ideas moi claras e que vería plasmada a súa efectividade no único tiro a portería en todo o partido.
Co agrio empate o Bergan de Gueli mantense nunha cómoda 7ª posición, moi lonxe dos dous equipos de cabeza e cunha lixeira marxe cos de abaixo.
2ª Galicia, Gr.3, xornada 10
- Resultado: Noalla - As Miúdas (2-2)
- As Miúdas: Yaiza, Gala, Paula, Isa, Martina, Antía, Leti, Noe, Ainoa, Bárbara e Pati. Tamén xogaron: Sara, Marta, Sandra, María Dosil e Lucía.
- Gol: 0-1, m.18: Bárbara; 1-1, m.30; 2-1, m.54; 2-2, m.90: María Dosil.
2ª Galicia, Gr.2, xornada 10
- Resultado: Santiso - Bergantiños (1-1)
- Bergantiños: L. Sánchez, Eva (L. Rabuñal, m.60), Paula, Seo, Sabrina, Lore, Torrado, Mery, Canosa (Noe, m.65), Isa (Ale, m.75) e Tamy.
- Goles: 1-0, m.25; 1-1, m.17: Laura Torrado dende 25 metros.