Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fisterra e Baio meten a cabeza nas fases de ascenso

Fisterra-O Pino
Imaxe do nocturno Fisterra-O Pino
Fisterra e Baio meten a cabeza nas fases de ascenso

Espectacular a noite de mércores da Champions do Fútbol da Costa. Ara Solis e o Platas Reinoso fixeron o que puideron para axudar aos seus equipos a meterse de cheo nas respectivas fases de ascenso de Preferente e 1ª Galicia.

O Fisterra pelexaba directamente unha das 5 prazas da fase de ascenso á 3ª RFEF co Pino, nun dos partidos adiados da xornada 15. O cadro de Juan Porrúa vencía por 3-1, cos tantos de Capelo de penalti, de Víctor Casais e de Aarón Fdez.

Juan Porrúa valoraba así o choque: “Saímos dende o primeiro minuto con moito carácter e coraxe, xogando por ratos moi ben ao fútbol, con chegadas claras. Co 1-0 sufrimos un pouco cos balóns longos e segundos balóns. Pero conseguimos o 2-0, aínda que rapidamente nos recurtan a balón parado, e aí o equipo refíxose espectacular, seguindo aprentando ata conseguir o 3-1 definitivo. Non queda outra que seguir pelexando nas dúas finais que lles quedan por diante”.

A dúas xornadas do final, o cadro fisterrán queda 5º (en postos de fase de ascenso) con 2 puntos de vantaxe sobre o propio Pino. O domingo recibe a visita dun Boimorto en zona morna, e na última xornada viaxa ao campo do pecachancelas, un Estudiantil que apenas suma 3 puntos.

Mención especial, aínda que igualmente obrigada cada domingo, para a afección verde. "Impresionantes coma sempre".

O Baio vence a un mermado Corme

Baio-Corme no Platas
Baio-Corme no Platas

Pola súa parte o CD Baio certificaba o seu pase á fase de ascenso á Preferente ao asegurarse a 2ª praza. Os de Pablo Torreira vencían, non sen sufrimento cun tanto de MC no minuto 80, a un mermado Corme. Os xuvenís do cadro cormelán deron o do de peito nun Platas Reinoso no que un cento de valentes desafiaron o tempo e escolleron o verdadeiro fútbol para unha noite de mércores rexeitando unha cómoda sesión televisiva.

"Obxectivo conseguido ante un gran traballo defensivo do Corme", comentounos o míster Pablo Torreira. "Costounos atopar espazos e despois de moitas chegadas, chegou o gol de MC", tras un centro de Damián e un erro do porteiro na blocaxe,. Pero a realidade foi que incluso se puido adiantar o Corme nos primeiros minutos nunha transición, que detivo Diego. Pouco a pouco o Baio foise impoñendo para deixar os tres puntos na casa, e loitar polo ascenso á Preferente.

Xente no Plantas Reinoso
Xente no Plantas Reinoso

Ver as táboas en www.futboldacosta.com.

Comentarios