Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Fisterra faise coa SuperCopa: “É un chute de enerxía positiva”

Fisterra campion supercopa-Foto-Anchoa
O Fisterra eerguendo o título en Fontenla-Foto: Ángela da Anchoa
O Fisterra faise coa SuperCopa: “É un chute de enerxía positiva”

A pesar da profunda renovación que vén de sufrir o club, o SD Fisterra comeza o curso 22/23 cun novo título baixo o mando de Adrián Makaay. O eterno goleador da fin da terra finiquitaba ao Tordoia nesta nova competición, a Supercopa (recuperada gracias á organización da Clínica de Fisioterapia y Osteopatía Nando Muíño), que enfrontou, de novo en Fontenla, ao campión da Copa da Costa e o da Copa do Sar.

Unhas 500 persoas non se quixeron perder o primeiro título do curso e moitos Rapacollóns volveron acompañar aos seus nesta nova andaina, para ir solventando dúbidas.

O propio míster, Ángel López recoñece a importancia de ir “dando pasiños”, e malia as dificultades para formar un equipo, “agora os pasos son máis firmes e para adiante. A cousa vai tomando forma, e a ver se nos respectan as lesións, porque somos poucos. Pero coa ilusión e o traballo dos rapases daranos resultados, sinala. “Onte foi un chute de enerxia positiva para todo o grupo (directiva, xogadores e entrenadores)”, sentenza Ángel.

Fisterra - Tordoia (4-1)

  • Fisterra: Aarón (Ángel, m.46); Jano, Andrés, Breixo, Julio, Lobelos, Toni (Diego, m.60), Juan (Juansiño, m.75), Mario (Islan, m.46), Adrián Makaay (Martín, m.75), Ibrahim.
  • Goles: 1-0, m.17: Juan Formoso; 2-0, m.30: en propia; 3-0, m.50: Adrián Makaay; 3-1, m.52: Cñesar Gontán de libre directo; 4-1, m.70: Adrián Makaay.

Empezaba o partido cunha man do meta fisterrán fóra da área que quedou en cartón amarelo. O cadro de Ángel situábase por diante pronto cun tanto de Juan Formoso, tiro lonxano que se envelena polo vento ante o que nada pode facer Brais.

Cumplíarse a media hora de xogo cando unha xogada por banda esquerda acaba no segunto tanto fisterrán gracias a un remate en propia meta do defensa visitante.

Nada máis comezar a segunda metade sentenciaba o equipo de Ángel Ventanas, co terceiro, agora si, de Makaay, que non faltaba á súa cita co gol. Apenas un par de minutos despois recurtaba o rival cun deses libres directos de César Gontán, pero aínda Makaay tiña reservado outro tanto.

O partido esmorecia se ben aínda houbo un penalti errado no minuto 90.

O título volvía ser de cor verde.

Comentarios