Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Fisterra xa ten rivais e data de inicio na 3ª División

Terceira Division 20-21
O Fisterra xa ten rivais e data de inicio na 3ª División

O 18 de outubro comezará a 3ª División. O SD Fisterra, nesta histórica andaina, xa ten rivais, despois de que a RGFG explicara o plan competicional. Serán dous grupos de 12 equipos, con disposición Norte e Sur, polo que os fisterráns terán rivais das provincias da Coruña e Lugo.

O campionato terá 3 fases: unha fase regular, unha específica e os playoffs de ascenso.

A primeira fase será a doble volta (se as cousas o permiten) e arrastrando puntos meténdose do 1º ao 3º de cada grupo no Grupo C de ascenso directo; do 4º ao 6º de cada grupo no Gr.D de Promoción; e do 7º ao 12º xogarán por evitar o descenso.

A segunda fase, no chamado Gr.E loitarán 12 equipos pola permanencia para evitar os 8 descensos, acabando este grupo o 8 de xuño.

Terceira Division segunda fase 20.21
Terceira Division terceira fase 20.21

Comentarios