Venres. 26.04.2024
El tiempo

O fisterrán Aitor Díaz e Cantu, con Iván Cancela na Selección Galega que disputa a Copa das Rexións UEFA

Seleccion Galega amateur 2022
O fisterrán Aitor Díaz e Cantu, con Iván Cancela na Selección Galega que disputa a Copa das Rexións UEFA

Arrincou esta mañá a singular singradura da Selección Galega amateur que vai representar a España na Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA. O presidente do Comité Galego de Adestradores, e seleccionador nacional, o noso Iván Cancela, presentaba un equipo do que forman parte o fisterrán Aitor Díaz (actualmente no Alondras) e Marco López “Cantu”, o adestrador de Larín afincado en Carballo e tamén membro da familia do Fútbol da Costa, que fai as labores de segundo adestrador.

Nesta Fase Intermedia, que se celebrará no mes de outubro, Galicia compartirá grupo cos representantes de Hungría, Eslovenia e Suíza.

Esta é a convocatoria:

  • Aitor Díaz, Alex Ubeira e Jesús Varela (Alondras CF).
  • Sergio Cotilla (Arosa SC).
  • Antonio González (Atlético Arteixo).
  • Antón Concheiro (Bergantiños FC).
  • Alejandro Pérez e Antón Iglesias (CD Choco).
  • Ramón Rodríguez (UD Ourense).
  • Iñaki Leonardo, Jose Bertua e Óscar Lorenzo (CSD Arzúa).
  • Pablo Rubio (CD Barco).
  • Juan Rey e Martín Sánchez (CD Estradense).
  • Adri Gómez, Alejandro Vila, Alejandro Rey e Iago Martínez (Rápido de Bouzas).
  • Carlos Cora (Juvenil Ponteareas).
  • Santi Gegunde (UD Somozas).

Comentarios