FSF: O Fisober cae pola tele
Ata Lugo desprazouse a familia do Fisober para enfrontarse ao líder da categoría. Tras vivir un partido entretido e igualado, os puntos quedaron a casa. A gran novidade foi a retransmisión do partido a través do Youtube. Podedes ver xa a Ana falando, moi ben, ao comezo do partido:
Preferente Feminina, x.4
- Resultado: RIBEIRA LIEDERS F.S. – FISOBER F.S.F. (2-0).
- FISOBER: Lía, Paula Fandiño, Saray, Mai, Adriana; tamén xogaron: Ana, Carre, Uxía, Sharay, Lucía Rodríguez, Nerea.
- GOLES: Ao descanso chegouse con 0-0. 1-0 min 24 Mini, 2-0 min 35 propia porta.
Partido entretido e igualado que se levou o líder da categoría, que dominaron as locais curiosamente ata o gol e despois ocasións visitantes pero grazas ao gran traballo da súa porteira Luna que evitou o empate. O encontro puido verse polo canal de YouTube do conxunto local e incluso tivo entrevista final a local Lucía e a costeira Adriana.
O partido iniciabase con dominio local e as costeiras tentando saír a contra. E nesas contras despois dun tiro de Paula Fandiño era Mai a que non aproveitaba o rexeite ao igual que despois Adriana. Nunha xogada con tiro perigoso que desvía Lía e no rexeite a xogadora local enviaba ao pau. O Ribeira seguía co dominio pero sen crear excesivo a unha segura Lía. Cos roubos quería crear perigo o Fisober e Adriana precipítase nunha contra. Tamén Paula Fandiño poñía a proba a porteira local Luna. As lucenses volvían atoparse co pau despois dunha contra. E no resto de ocasións Lía desvíaba o perigo, co cal se chegou con igualada a cero ao tempo de lecer.
Na segunda metade as locais saíron cunha marcha máis e as costeiras seguían a buscar a contra. De novo as locais poñían a proba a Lía cun tiro lonxano. As locais seguían percutindo pero Lía seguía moi segura, desvíando dúas xogadas de perigo. Ata que nunha contra era Mini a que batía a Lía por baixo. Pero con este gol as do Fisober lonxe de virse abaixo, mostraron a súa mellor facíana. Un roubo e unha contra entre Ana e Mai, finalizou con remate desta última que se foi por pouco cando as visitantes cantaban gol.
Despois era Ana a que poñía a proba a Luna que facía unha boa parada. Logo viña o turno de Saray que tampouco lograba o obxectivo. Despois era unha falta no borde do área que Paula Fandiño envíaba a barreira e no rexeite Mai a rentes do pau. De novo outra falta na mesma zona para Paula Fandiño que non aproveitaban as costeiras. Un roubo de Paula Fandiño case introduce na súa portería unha xogadora local. Despois era a xeira de ocasións para Uxía e Paula Fandiño. Pero cando seguía apretando o Fisober unha contra local remataba con gol en propia porta de Uxía para matar o partido. No último minuto Lucía Rodríguez e Adriana tiñan opción para recurtar pero Luna fíxose inmensa neste partido.
A vindeira semana tócalle descansar ao Fisober que voltará a Liga o primeiro fin de semana de Maio ca visita do Begonte.